26 de Setembro de 2012

Benvidos ao novo sitio web de GNOME en galego

Hoxe presentamos a nova páxina web do Grupo de Localización de GNOME ao Galego. 

Desde a que queremos dar a coñecer o noso traballo, volcar a nosa experiencia nun lugar común e recoller documentación útil para as persoas que queiran colaborar connosco.

A nova páxina web conta con 3 seccións principais, có ánimo de acadar máis colaboradores estábes dentro do grupo de localización.

  • Manuaistrátase dun traballo en curso onde redactamos manuais para que persoas novas e os propios integrantes do grupo teñan uns procedementos de actuación das distintas tarefas do grupo. Desde manuais para principiantes que queiran colaborar connosco até manuais máis avanzados sobre como xerar unha memoria de tradución ou como revisar as traducións de forma automatizada.
  • RecursosCada publicación dunha nova versión de GNOME conleva a xeración de novos recursos, como as memorias de tradución, glosarios terminolóxicos usados entre outros. Aquí recolleremos os denominados “produtos finais” de cada versión así como os recursos precisos para o realizar o noso traballo.
  • Novaspublicaremos novas do grupo e información interesante para calquera usuario de GNOME en galego. Estudiamos realizar algunha entrevista a programadores de GNOME en Galego e poñerlle cara ás persoas que traballan en GNOME desde Galiza.

Agardamos gocedes deste novo sitio para pormos en contacto desenvolvedores e tradutores con usuarios de GNOME en galego.


Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: