11 de Marzo de 2013
Ubuntu GNOME únese á familia de Ubuntu
Grandes novidades para alegrar o día: Ubuntu GNOME foi aceptado oficialmente como membro da familia Ubuntu.
Ubuntu GNOME é un dos sabores cos que contará Ubuntu que ten como misión preservar a base de Ubuntu porén usando só os aplicativos do escritorio GNOME.
Ao obter o estado de ‘sabor’ oficial significa que o proxecto agora benefíciase do acceso ao soporte de infraestrutura e técnico de Canonical e a comunidade de Ubuntu.
Orixinariamente chamado como ‘GNOMEbuntu’ o proxecto Ubuntu GNOME ten como misión fornecerlle aos usuarios unha experiencia de escriorio GNOME tan ‘pura’ como sexa posíbel en Ubuntu.
A seguinte publicación, agardada para April, estará baseada en GNOME 3.6, porén GNOME 3.8 estará dispoñíbel desde o PPA mantido polo proxecto. Para instalalo deberá executar o seguinte no seu terminal:
sudo add-apt-repository ppa:gnome3-team/gnome3 sudo add-apt-repository ppa:gnome3-team/gnome3-staging sudo apt-get update; sudo apt-get dist-upgrade -y
Ou se está interesado en descargar un CD vivo con Ubuntu GNOME pode facelo desde o seguinte enderezo http://cdimage.ubuntu.com/ubuntu-gnome/daily-live/current/
Para ver o anuncio oficial vaia á Rolda de correo de Ubuntu GNOME.