25 de Setembro de 2013

Publicamos GNOME 3.10 en galego

O Proxecto GNOME comprácese en presentar a nova versión de GNOME, a 3.10, completamente traducido ao galego. Esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que mantemos o nivel de tradución da interface no 100% e estendémolo a tradución da documentación a máis módulos, chegando ao 50%.

3.10 é o resultado de 6 meses de traballo do Proxecto GNOME de perto de un millar de persoas. Cun gran enfoque en mellorar a experiencia de usuario e coa presentación de novos aplicativos.

Se está interesado en axudarnos a facer GNOME mellor, calquera pode involucrarse en GNOME para axudarnos a mellorar o noso software.

Que hai de novo en GNOME 3.10

GNOME 3.10, como o seu predecesor, ven completo de melloras na interface de usuario. Conta con un gran número de novas funcionalidades, incluíndo un adianto da integración de Wayland no escritorio GNOME, unha barra de estado do sistema integrada e as novas barras de cabeceira. En conxunto, todos estes cambios fan de GNOME 3 un escritorio aínda mellor.

Entre as melloras poderíamos destacar:

  • Wayland: Wayland é a seguinte xeración tecnolóxica para pantallas e métodos de entrada en Linux. Promete suavizar os gráficos, con animacións e transicións melloradas. GNOME 3.10 introduce a compatibilidade experimental de Wayland, o que lle permite a GNOME e aos aplicativos de GNOME executarse usando Wayland.wayland
  • Estado do sistema integrado: Nas versións anteriores, o área de estado do sistema estaba formada por unha serie de menús na esquina da barra superior. A nova área do sistema substitúe isto cun único menú. Polo que lle permitirá ver de forma rápida o estado do seu dispositivo.status-menu
  • Barras de cabeceira: Introduciuse un novo elemento de interface en 3.10: as barras de cabeceira. Estas combinan as barras de título e as barras de ferramentas nun único elemento. As barras de cabeceira tamén permiten interfaces de aplicación máis dinámicas con controis que se axustan á vista actual e aseguran que os botóns de peche de xanela sempre están presentes, sen importar se a xanela está maximizada ou non.
  • Novos aplicativos: A misión de GNOME consistente en crear un novo conxunto de aplicativos principais continúa en GNOME 3.10. Hai unha completa colección de novos aplicativos nesta versión, que inclúe Música, Fotos, Notas, Software e Mapas. Para obter máis información olle en Aplicativos novos e actualizados.
    new-apps
  • E moitas outra cousas
Se quere ver unha lista máis detallada das novidades de GNOME olle as notas de publicación (tamén en galego),

Novidades na tradución ao Galego

Este ciclo supuxo unha continuación do traballo iniciado na anterior publicación. Grazas a este traballo alcanzamos o 48% da documentación traducida ao galego.

  • Tradución dos aplicativos de GNOME:  Como sempre mantemos o nivel de tradución da interface de GNOME ao galego no 100%, cumprindo cos últimos acordos de terminoloxía publicados pola Asociación Proxecto Trasno.
  • Tradución da documentación base: Fran Diéguez segue a traduciu a documentación base formadas por máis de 65000 palabras para traducir e mellorando a anterior. Acadamos nesta publicación 3.10 un 50% da tradución.
Podes ver o traballo levado a cabo nas traducións día por día na seguinte ligazón, aínda que esta ligazón non inclúe todas as traducións na documentación.

Galician translations for GNOME

Como obter o último GNOME

O código fonte de GNOME 3.10 está dispoñíbel gratuitamente para descargar e redistribuír, aínda que para a maioría de usuarios é aconsellábel agardar ata que GNOME 3.10 estea dispoñíbel a través da súa distribución GNU/Linux ou dos seus fornecedores. Con todo, na web do proxecto é posible consultar a información sobre como obter GNOME para probalo.


Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: