26 de Setembro de 2013

Publicamos os recursos lingüísticos de GNOME 3.10

Logo da publicación de GNOME 3.10 e aproveitando que a tradución está estabilizada, desde o Grupo de tradución de GNOME ao Galego estamos moi orgullosos de publicar os produtos finais en forma de recursos lingüísticos derivados das traducións de GNOME 3.10 de tal forma que todos os tradutores poidan reaproveitar o noso traballo.

Estes recursos contan cos compendios de tradución Inglés-Galego da interface de usuario e documentación para as versións de GNOME 3.10 en formato pocompendium e TMX. Con todo, acadamos unhas cifras moi importantes, contando con 54099 cadeas traducidas. 

De seguido podes ollar as estatísticas destacadas:

Estatísticas para GNOME 3.10

Cadeas Palabras
Interface de usuario  36326  167129
Documentación  11849  85168

Descarga

Como comentamos antes publicamos as memorias de tradución para a versión 3.10 de GNOME (formatos Po e TMX):

Compendio TMX de GNOME 3.10

Compendio Po de GNOME 3.10

Licenza

Todos os ficheiros están publicados baixo a licenza Creative Commons BY-SA 3.0 co que podes empregalos de forma libre namentres cumpras cos termos da licenza.


Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: