26 de Marzo de 2014

Publicamos o novo GNOME 3.12 en galego

O Proxecto GNOME comprácese en presentar a nova versión de GNOME, a 3.12, completamente traducido ao galego. Esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que mantemos o nivel de tradución da interface no 100% e aínda que retrodecemos na tradución da documentación.

3.12 é o resultado de 6 meses de traballo do Proxecto GNOME por enriba dun millar de persoas. Cun gran enfoque en mellorar a experiencia de usuario e coa presentación de novos aplicativos.

Se está interesado en axudarnos a facer GNOME mellor, calquera pode involucrarse en GNOME para axudarnos a mellorar o noso software.

Que hai de novo en GNOME 3.12

GNOME 3.12, grazas a estudos de usabilidade e a integración de novos elementos de interface en todos os aplicativos segue na mellora da súa interface de usuario. Ademais realizáronse moitas pequenas melloras en todo o ambiente de escritorio logo da conversa con usuarios. En conxunto, todos estes cambios fan de GNOME 3 un escritorio aínda mellor.

Entre as melloras poderíamos destacar:

  • Melloras na interface: elementos como as novas xanelas emerxentes «popovers», diálogos de usuario, preferencias e asistentes completamente novos e integrados por todo os aplicativos resultan nunha experiencia moito máis pulida e de alta calidade.

    rounding-things-out

  • Melloras na compatibilidade con pantallas de alta resolución: A compatibilidade con pantallas de alta resolución foi engadida por primeira vez en 3.10. Isto fornece compatibilidade para pantallas de alta resolución en gran parte de GNOME 3. Desde entón, esta característica foi estendida para incluir todos os aspectos da experiencia principal de GNOME 3, incluíndo a Vista de actividades, a barra superior, a pantalla de bloqueo e os diálogos de sistema.

    hi-res-displays

  • Integración da nube ampliada: O camiño de integrar GNOME 3 con servizos na nube continúa en 3.12. Unha das principais características novas desta versión é a introdución da integración con Google Cloud Print. Isto permítelle imprimir desde GNOME en impresoras que estean conectadas ao servizo de Google Cloud Print. Tamén lle permite engadir documentos a Google Drive. Ademais engadíronse outras integracións coa nube como: a integración con Pocket a Videos, Fotos con Facebook e Flickr para cambiar o fondo de escritorio.

    cloud-integration

  • Novos aplicativos: GNOME 3.12 inclúe tres novos aplicativos en vista previa:Polari, Gravadora de son e Rexistros. Todos estes aplicativos en vista previa son moi novos e son publicados por primeira vez co propósito de levar a cabo probas e recoller comentarios dos usuarios. Para obter máis información olle en Aplicativos novos e actualizados.

    new-preview-apps

  • E moitas outra cousas
Se quere ver unha lista máis detallada das novidades de GNOME olle as notas de publicación (tamén en galego),

Novidades na tradución ao Galego

Este ciclo supuxo unha continuación do traballo iniciado na anterior publicación.

  • Tradución dos aplicativos de GNOME:  Como sempre mantemos o nivel de tradución da interface de GNOME ao galego no 100%, incluíndo os novos aplicativos presentados nesta publicación, todos cumprindo cos últimos acordos de terminoloxía publicados pola Asociación Proxecto Trasno.
  • Tradución da documentación base: Fran Diéguez segue a traduciu a documentación base formadas por máis de 65000 palabras para traducir e mellorando a anterior. Debido a que unha gran cantidadade da documentación foi rescriba e os escasos recursos humanos que dispomos lamentabelmente nesta publicación 3.12 baixamos do 50% ao 43% da tradución na documentación.
Podes ver o traballo levado a cabo nas traducións día por día na seguinte ligazón, aínda que esta ligazón non inclúe todas as traducións na documentación. Galician translations for GNOME
</div<

Como obter o último GNOME

O código fonte de GNOME 3.12 está dispoñíbel gratuitamente para descargar e redistribuír, aínda que para a maioría de usuarios é aconsellábel agardar ata que GNOME 3.12 estea dispoñíbel a través da súa distribución GNU/Linux ou dos seus fornecedores. Con todo, na web do proxecto é posible consultar a información sobre como obter GNOME para probalo.


Unha resposta a “Publicamos o novo GNOME 3.12 en galego”

  1. […] da publicación de GNOME 3.12 desde o Grupo de tradución de GNOME ao Galego estamos moi orgullosos de publicar os produtos […]

A %d blogueros les gusta esto: