25 de Setembro de 2014

Publicamos o novo GNOME 3.14 en galego

O Proxecto GNOME comprácese en presentar a nova versión de GNOME, a 3.14, completamente traducido ao galego. Esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que mantemos o nivel de tradución da interface no 100%.

3.14 é a última publicación de GNOME, resultado de seis meses de traballo do proxecto GNOME. Esta publicación inclúe novas características e unha gran cantidade de melloras pequenas. Esta publicación contén 28859 cambios feitos por cando menos 871 persoas. Entre as novas características e melloras introducidos en GNOME 3.14 están:

Que hai de novo en GNOME 3.14

GNOME 3.14 continúa o traballo das publicacións anteriores na busca da homoxeneización da interface de usuario de tódolos seus aplicativos. Estes cambios fan de GNOME un escritorio máis integrado e coherente no seu conxunto, facendo o seu uso máis doado e intuitivo. Os detalles visuais e tema foron revisados, engadíronse novas animacións no escritorio para mellorar a experiencia de usuario. En conxunto, todos estes cambios fan de GNOME 3 un escritorio aínda mellor.

Entre as melloras poderíamos destacar:

  • Xestos multitáctiles: Agora pode usar xestos multitáctiles en pantallas táctiles para a navegación no sistema así como en aplicativos. Pode usar un xesto para abrir a Vista de actividades, a vista de aplicativos e a bandexa de mensaxes. E tamén pode usar un para cambiar de aplicativo ou de espazo de traballo. Vexa a páxina de xestos para obter unha lista destes xestos do sistema.multitouch
  • Xestión de portais cautivos: GNOME 3.14 conta cunha xestión de puntos de acceso Wifi mellorada. Ao conectarse a un portal Wifi que require autenticación, GNOME amosaralle automaticamente a páxina de inicio como parte do proceso de conexión. Isto asegúralle que sempre saberá cando está conectado e axúdalle a configuralos da forma máis rápida posíbel.captive-portal
  • Contas en liña para «Fotos»: Agora «Fotos» en 3.14 pode acceder a novas orixes de fotos en liña, ao engadir a compatibilidade con Google e servidores multimedia. Isto significa que pode ver de forma doada fotos de Google que foron subidas mediante Picasa, Google+ ou mediante dispositivos Android. As contas de servidores multimeda fornecen acceso a servidores multimedia domésticos, mediante DLNA.photos
  • «Software» continúa mellorando: A nova habilidade de GNOME para explorar e instalar aplicativos estivo facendo grandes progresos nas publicacións recentes, e 3.14 non é unha excepción. A páxina principal, que mostra aplicativos destacados e recomendados, foi mellorado con unha distribución mellorada, máis contido e valoracións. Ademáis, os engadidos de aplicativos poden instalarse e quitarse directamente desde Software, e moitos máis aplicativos contan con capturas de pantalla e descricións, facendo máis doado escoller o aplicativo axeitado para vostede.software
  • E moitas outra cousas
Se quere ver unha lista máis detallada das novidades de GNOME olle as notas de publicación (tamén en galego),

Novidades na tradución ao Galego

Este ciclo supuxo unha continuación do traballo iniciado na anterior publicación.

  • Tradución dos aplicativos de GNOME:  Como sempre mantemos o nivel de tradución da interface de GNOME ao galego no 100%, incluíndo os novos aplicativos presentados nesta publicación, todos cumprindo cos últimos acordos de terminoloxía publicados pola Asociación Proxecto Trasno.
  • Tradución da documentación base: Fran Diéguez segue a traduciu a documentación base formadas por máis de 65000 palabras para traducir e mellorando a anterior. Os escasos recursos humanos que dispomos lamentabelmente nesta publicación 3.14 só puidemos manter o 43% da tradución na documentación.

Como obter o último GNOME

O código fonte de GNOME 3.14 está dispoñíbel gratuitamente para descargar e redistribuír, aínda que para a maioría de usuarios é aconsellábel agardar ata que GNOME 3.14 estea dispoñíbel a través da súa distribución GNU/Linux ou dos seus fornecedores. Con todo, na web do proxecto é posible consultar a información sobre como obter GNOME para probalo.

Axuda

Se está interesado en axudarnos a facer GNOME mellor, calquera pode involucrarse en GNOME para axudarnos a mellorar o noso software.


A %d blogueros les gusta esto: