Hoxe saíu a última versión de GNOME 3. A versión 3.34 contén seis meses de traballo pola comunidade GNOME e inclúe moitas melloras, melloras de rendemento e novas funcións, e como ven sendo costume completamente traducido ao galego polo noso Grupo de traducion de GNOME ao galego. Esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que mantemos o nivel de tradución da interface no 100%.
Consulte o noso vídeo de lanzamento
Que hai de novo en GNOME 3.34?
GNOME 3.34 continúa o traballo das publicacións anteriores, coa mellora dos aplicativos e importantes melloras de rendemento no escritorio, que conforman un ambiente de escritorio integrado e coherente no seu conxunto, facendo o seu uso máis doado e intuitivo.
Previsualización de fondos
Destacamos nesta versión un gran conxunto de actualizacións visuais para varias aplicacións, incluído o propio escritorio. A configuración de selección de fondo tamén recibiu un rediseño, o que facilitou a selección de fondos personalizados.
Disposición personalizada de iconas
GNOME 3.34 tamén introduce cartafoles personalizados na visión xeral da aplicación. Basta con arrastrar unha icona de aplicación enriba doutra para crear un cartafol. As carpetas elimínanse automáticamente ao arrastrar todas as iconas.
Escalado fraccional
Para desenvolvedores, GNOME 3.34 inclúe máis fontes de datos en Sysprof, facilitando o rendemento dunha aplicación aínda máis fácil. Melloras melloradas en Builder inclúen un inspector D-Bus integrado.
Novidades na tradución ao Galego
Este ciclo supuxo unha continuación do traballo iniciado na anterior publicación.
- Tradución dos aplicativos de GNOME: Como sempre mantemos o nivel de tradución da interface de GNOME ao galego no 100%, incluíndo os novos aplicativos presentados nesta publicación, todos cumprindo cos últimos acordos de terminoloxía publicados pola Asociación Proxecto Trasno.
- Tradución da documentación base: Nesta publicación de novo baixamos outro 1%, ate o 38% da documentación de usuario. Cos recursos que temos actualimente é imposíbel manter o a tradución da documentación.
Como obter o último GNOME
O código fonte de GNOME 3.34 está dispoñíbel gratuitamente para descargar e redistribuír, aínda que para a maioría de usuarios é aconsellábel agardar ata que GNOME 3.34 estea dispoñíbel a través da súa distribución GNU/Linux ou dos seus fornecedores. Con todo, na web do proxecto é posible consultar a información sobre como obter GNOME para probalo.
Colabora connosco
Alén do traballo realizado, reiteramos que precisamos axuda no grupo para poder completar máis aplicativos e documentación dos mesmos. Máis agora que a famosa distribución Ubuntu emprega o escritorio GNOME. O cal signifca que agora GNOME conta con unha visibilidade máis importante e precisamos que este escritorio brille como se merece en Galego: traducido ao 100%, sen grallas e con unha tradución consistente.
Se está interesado en axudarnos en calquera das tarefas do grupo a facer GNOME mellor, calquera pode involucrarse en GNOME para axudarnos a mellorar o noso software.
O Proxecto GNOME comprácese en presentar a nova versión de GNOME, a 3.32, completamente traducido ao galego polo noso Grupo de traducion de GNOME ao galego. Esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que mantemos o nivel de tradución da interface no 100%.
GNOME 3.32 é a última versión de GNOME 3, resultado de 6 meses de duro traballo da comunidade de GNOME. Contén importantes características novas, así como de pequenas melloras e arranxos de erros.En total, esta publicación incorpora 26438 cambios realizados por 798 contribuidores aproximadamente.
Que hai de novo en GNOME 3.32?
GNOME 3.32 continúa o traballo das publicacións anteriores, coa mellora dos aplicativos e importantes melloras de rendemento no escritorio, que conforman un ambiente de escritorio integrado e coherente no seu conxunto, facendo o seu uso máis doado e intuitivo.
Entre as melloras poderíamos destacar:
Nova aparencia das xanelas e novas iconas
GNOME 3.32 conta con un estilo visual actualizado, incluíndo a interface de usuario, as icnoas e o escritorio en si mesmo. A interface de usuario é xeramente máis vibrante, usando unha paleta de cores máis rica que a anterior. Os botóns e interruptores tamén se melloraron, gandolles unha apariencia máis moderna.
Os aplicativos de GNOME en 3.32 tamén contan co iconas modernizadas! Usando a mesma paleta de cores que a interface de usuario as iconas de aplicativo foron redeseñadas por completo.
Escalado fraccional
O escalado fraccionado, unha mellora solicitada frecuentemente, está dispoñíbel como opción experimental. Inclúe varios valores fraccionados con unha boa calidade de visión en calquera pantalla. Esta característica representa unha gran mellora para o escritorio GNOME. Considérase experimental, polo que é preciso engadir manualmente scale-monitor-framebuffer á chave de gsettigns org.gnome.mutter.experimental-features. Unha vez activado, os valores de escalado fraccionados estarán dispoñíbeis no panel Pantalla de Configuración.”
Preferencias
Configuración inclúe un panel novo chamado «Permisos de aplicativos». Este panel mostra recursos e permisos para varios aplicativos. Ofréceselle aos usuarios a posibilidade de conceder certos recursos cando o aplicativo o solicita.
As Preferencias de son foron redeseñadas para admitir a disposición vertical e unha localización máis intuitiva das opcións.
A temperatura da cor da luz nocturna pódese axustar para que sexa máis cálida ou máis fría.
Novidades na tradución ao Galego
Este ciclo supuxo unha continuación do traballo iniciado na anterior publicación.
- Tradución dos aplicativos de GNOME: Como sempre mantemos o nivel de tradución da interface de GNOME ao galego no 100%, incluíndo os novos aplicativos presentados nesta publicación, todos cumprindo cos últimos acordos de terminoloxía publicados pola Asociación Proxecto Trasno.
- Tradución da documentación base: Nesta publicación baixamos un 1%, ate o 39% da documentación de usuario.
Como obter o último GNOME
O código fonte de GNOME 3.32 está dispoñíbel gratuitamente para descargar e redistribuír, aínda que para a maioría de usuarios é aconsellábel agardar ata que GNOME 3.32 estea dispoñíbel a través da súa distribución GNU/Linux ou dos seus fornecedores. Con todo, na web do proxecto é posible consultar a información sobre como obter GNOME para probalo.
Colabora connosco
Alén do traballo realizado, reiteramos que precisamos axuda no grupo para poder completar máis aplicativos e documentación dos mesmos. Máis agora que a famosa distribución Ubuntu emprega o escritorio GNOME. O cal signifca que agora GNOME conta con unha visibilidade máis importante e precisamos que este escritorio brille como se merece en Galego: traducido ao 100%, sen grallas e con unha tradución consistente.
Se está interesado en axudarnos en calquera das tarefas do grupo a facer GNOME mellor, calquera pode involucrarse en GNOME para axudarnos a mellorar o noso software.
O Proxecto GNOME comprácese en presentar a nova versión de GNOME, a 3.30, completamente traducido ao galego polo noso Grupo de traducion de GNOME ao galego. Esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que mantemos o nivel de tradución da interface no 100%.
GNOME 3.30 é a última versión de GNOME 3, resultado de 6 meses de duro traballo da comunidade de GNOME. Contén importantes características novas, así como de pequenas melloras e arranxos de erros. En total, esta publicación incorpora 28459 cambios realizados por 753 contribuidores aproximadamente.
Que hai de novo en GNOME 3.30?
GNOME 3.30 continúa o traballo das publicacións anteriores, coa mellora e inclusión de novos aplicativos, que conforman un ambiente de escritorio integrado e coherente no seu conxunto, facendo o seu uso máis doado e intuitivo.
Entre as melloras poderíamos destacar:
Rendemento do escritorio mellorado
Engadíronse importantes melloras de rendemento a GNOME 3.30. O escritorio completo agora usa menos recursos de memoria, o cal significa que pode executar máis aplicativos á vez sen atopar problemas de rendemento.
Actualización de Flatpaks automática
Software, o xestor de software de GNOME, agora pode instalar actualizacións automaticamente para os Flatpak. Flatpak é unha tecnoloxía emerxente que permite obter aplicativos de forma segura e rápida. Moitos aplicativos están xa dispoñíbeis en Flathub, un repositorio de Flatpaks seleccionados. Simplemente active esta opción para actualizar Flatpaks, e Software asegurarase de que conta cos últimos Flatpaks todo o tempo.
Novo aplicativo de Podcasts
GNOME 3.30 introduce un novo aplicativo de podcasts chamado Podcasts. Podcasts permítelle subscribirse e escoitar os seus podcasts favoritos directamente desde o seu escritorio. Comezar con Podcasts é moi doado, permitíndolle importalos desde outros dispositivos.

Novidades na tradución ao Galego
Este ciclo supuxo unha continuación do traballo iniciado na anterior publicación.
- Tradución dos aplicativos de GNOME: Como sempre mantemos o nivel de tradución da interface de GNOME ao galego no 100%, incluíndo os novos aplicativos presentados nesta publicación, todos cumprindo cos últimos acordos de terminoloxía publicados pola Asociación Proxecto Trasno.
- Tradución da documentación base: Nesta publicación mantemos o 40% da documentación de usuario.
Como obter o último GNOME
O código fonte de GNOME 3.30 está dispoñíbel gratuitamente para descargar e redistribuír, aínda que para a maioría de usuarios é aconsellábel agardar ata que GNOME 3.30 estea dispoñíbel a través da súa distribución GNU/Linux ou dos seus fornecedores. Con todo, na web do proxecto é posible consultar a información sobre como obter GNOME para probalo.
Colabora connosco
Alén do traballo realizado, reiteramos que precisamos axuda no grupo para poder completar máis aplicativos e documentación dos mesmos. Máis agora que a famosa distribución Ubuntu emprega o escritorio GNOME. O cal signifca que agora GNOME conta con unha visibilidade máis importante e precisamos que este escritorio brille como se merece en Galego: traducido ao 100%, sen grallas e con unha tradución consistente.
Se está interesado en axudarnos en calquera das tarefas do grupo a facer GNOME mellor, calquera pode involucrarse en GNOME para axudarnos a mellorar o noso software.
Axudanos a facer GNOME en Galego mellor
O Proxecto GNOME comprácese en presentar a nova versión de GNOME, a 3.28, completamente traducido ao galego polo noso Grupo de traducion de GNOME ao galego. Esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que mantemos o nivel de tradución da interface no 100%.
GNOME 3.28 é a última versión de GNOME 3, resultado de 6 meses de duro traballo da comunidade de GNOME. Contén importantes características novas, así como de pequenas melloras e arranxos de erros. En total, esta publicación incorpora 28459 cambios realizados por 753 contribuidores aproximadamente.
Que hai de novo en GNOME 3.28?
GNOME 3.28 continúa o traballo das publicacións anteriores, coa mellora e inclusión de novos aplicativos, que conforman un ambiente de escritorio integrado e coherente no seu conxunto, facendo o seu uso máis doado e intuitivo.
Entre as melloras poderíamos destacar:
Escolle os teus favoritos
En Ficheiros, agora é posíbel marcar como favoritos ficheiros e cartafoles. En canto os engada, os elementos marcados serán visíbeis de forma doada nunha localización especial que pode abrir desde a barra lateral.
Melloras na organización persoal
En Reloxos, agora é posíbel engadir o fuso horario UTC aos seus reloxos mundiais; Contactos agora permítelle ordenar tanto por apelido como por nome. Tamén ten una nova xanela de atallos e un conxunto de melloras de interface; A vista mensual de Calendario foi mellorada. Os eventos móstranse dunha forma máis doada de ler, e agora é posíbel expandir de forma axeitada as celas que superpoñen eventos…
Máis cousas bonitas
GNOME 3.28 ven cargado de cousas bonitas! Primeiro, e o máis importante, o tipo de letra por omisión da interface de GNOME (chamada Cantarell) conta con unha actualización importante. As formas de caracteres e espazado evolucionaron, polo que o texto será máis lexíbel e atractivo. Engadíronse varios novos pesos — negriña lixeira e extra — que se usan para producir interfaces que son tanto modernas como bonitas.
Entre as outras cousas bonitas que inclúe GNOME están unha colección de fondos de escritorio, que foi actualizada para incluír un conxunto de fotografías visualmente atractivas, así como unha selección de fotos de perfil, que foi completamente actualizada con novas imaxes que pode seleccionar.
Características multimedia e de entretemento
A xestión multimedia e de entretemento foi mellorada en GNOME 3.28. Moitos destes cambios están en Fotos, o cal obtivo a nova característica de importado desde dispositivo, que fai máis doado engadir fotos á súa colección desde un dispositivo removíbel, como tarxetas SD e unidades USB. Esta característica detecta automaticamente os dispositivos que conteñen novas imaxes e tamén lle permite organizar as novas imaxes en álbums mentres os importa. Entre outras melloras en Fotos están as novas ferramentas de edición para sombras e realces e melloras de rendemento.
Novo aplicativo «Uso»
Uso é un novo aplicativo de GNOME que foi introducido en 3.28 como una vista previa da tecnoloxía. O novo aplicativo foi redeseñado para facer máis doado diagnosticar e resolver problemas de rendemento e capacidade. A versión inicial inclúe funcións para examinar o consumo de CPU e memoria. As áreas problemáticas reálzanse, facendo rápido e doado identificar a orixe dos problemas.
A vista previa de Uso tamén mostra o uso do disco. A interface para isto realza os orixes de uso de disco común que poden limparse, como o lixo e os ficheiros temporais.
Novidades na tradución ao Galego
Este ciclo supuxo unha continuación do traballo iniciado na anterior publicación.
- Tradución dos aplicativos de GNOME: Como sempre mantemos o nivel de tradución da interface de GNOME ao galego no 100%, incluíndo os novos aplicativos presentados nesta publicación, todos cumprindo cos últimos acordos de terminoloxía publicados pola Asociación Proxecto Trasno.
- Tradución da documentación base: Nesta publicación avanzamos no completado da documentación de usuario, ate perto do 40%.
Como obter o último GNOME
O código fonte de GNOME 3.28 está dispoñíbel gratuitamente para descargar e redistribuír, aínda que para a maioría de usuarios é aconsellábel agardar ata que GNOME 3.26 estea dispoñíbel a través da súa distribución GNU/Linux ou dos seus fornecedores. Con todo, na web do proxecto é posible consultar a información sobre como obter GNOME para probalo.
Colabora connosco
Alén do traballo realizado, reiteramos que precisamos axuda no grupo para poder completar máis aplicativos e documentación dos mesmos. Máis agora que a famosa distribución Ubuntu emprega o escritorio GNOME. O cal signifca que agora GNOME conta con unha visibilidade máis importante e precisamos que este escritorio brille como se merece en Galego: traducido ao 100%, sen grallas e con unha tradución consistente.
Se está interesado en axudarnos en calquera das tarefas do grupo a facer GNOME mellor, calquera pode involucrarse en GNOME para axudarnos a mellorar o noso software.
Axudanos a facer GNOME en Galego mellor
O Proxecto GNOME comprácese en presentar a nova versión de GNOME, a 3.26, completamente traducido ao galego polo noso Grupo de traducion de GNOME ao galego. Esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que mantemos o nivel de tradución da interface no 100%.
GNOME 3.26 é a última versión de GNOME 3, resultado de 6 meses de duro traballo da comunidade de GNOME. Contén importantes características novas, así como de pequenas melloras e arranxos de erros. En total, esta publicación incorpora 28459 cambios realizados por 753 contribuidores aproximadamente.
Que hai de novo en GNOME 3.26
GNOME 3.26 continúa o traballo das publicacións anteriores, coa mellora e inclusión de novos aplicativos, que conforman un ambiente de escritorio integrado e coherente no seu conxunto, facendo o seu uso máis doado e intuitivo.
Entre as melloras poderíamos destacar:
- «Busca mellorada»: Os resultados teñen unha disposición nova que fai máis doado ler e mostra máis elementos dun vistazo. Ademáis, agora é posíbel buscar accións do sistema, incluíndo apagar, suspender, bloquear pantalla, pechar a sesión, cambiar de usuario e bloquear a orientación.
- Nova visualización para as Preferencias: GNOME 3.26 introduce unha nova disposición para o aplicativo Preferencias. A anterior grella de iconas foise e, no seu lugar, unha nova barra lateral permite cambiar entre as distintas áreas. A nova barra lateral fai máis doao e simple navegar entres o aplicativo de preferencias e dispón as preferncias máis usadas á man.
- Emoticonas con cor: As emoticonas con cor chegaron a GNOME! Agora mostraranse na súa gloriedade coloreada cando aparezan. Tamén se engadiron varias formas de inserir emoticonas en GNOME 3.26. Isto inclúe o aplicativo Caracteres, que agora permítelle navegar e buscar emoticonas e copialas en mensaxes e documentos. Polari, o cliente de IRC de GNOME ten un selector de emoticonas adicado e está dispoñíbel unha ferramenta similar para usala noutros aplicativos.
- Sincronizar o seu navegador: A compatibilidade de GNOME coas tabletas gráficas Wacom obtivo importantes melloras para 3.26. Para realzar, a xestión das preferencias de Wacom agora é compatíbel con Wayland, o que significa que os usuarios de Wacom xa non terán escusa para non cambiar de X11.
Novidades na tradución ao Galego
Este ciclo supuxo unha continuación do traballo iniciado na anterior publicación.
- Tradución dos aplicativos de GNOME: Como sempre mantemos o nivel de tradución da interface de GNOME ao galego no 100%, incluíndo os novos aplicativos presentados nesta publicación, todos cumprindo cos últimos acordos de terminoloxía publicados pola Asociación Proxecto Trasno.
- Tradución da documentación base: Dado os escasos recursos dos que dispomos no grupo, non puidemos revisar nin actualizar a documentación base dos aplicativos. Se estades interesados, estades convidados a axudar para traducir, revisar e completar modulos da documentación que máis útil lle resulte ao usuario.
Como obter o último GNOME
O código fonte de GNOME 3.26 está dispoñíbel gratuitamente para descargar e redistribuír, aínda que para a maioría de usuarios é aconsellábel agardar ata que GNOME 3.26 estea dispoñíbel a través da súa distribución GNU/Linux ou dos seus fornecedores. Con todo, na web do proxecto é posible consultar a información sobre como obter GNOME para probalo.
Colabora connosco
Se está interesado en axudarnos a facer GNOME mellor, calquera pode involucrarse en GNOME para axudarnos a mellorar o noso software.
O Proxecto GNOME comprácese en presentar a nova versión de GNOME, a 3.24, completamente traducido ao galego polo noso Grupo de traducion de GNOME ao galego. Esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que mantemos o nivel de tradución da interface no 100%.
GNOME 3.24 é a última versión de GNOME 3, resultado de 6 meses de duro traballo da comunidade de GNOME. Contén importantes características novas, así como de pequenas melloras e arranxos de erros. En total, esta publicación incorpora 28459 cambios realizados por 753 contribuidores aproximadamente.
Que hai de novo en GNOME 3.24
GNOME 3.24 continúa o traballo das publicacións anteriores, coa mellora e inclusión de novos aplicativos, que conforman un ambiente de escritorio integrado e coherente no seu conxunto, facendo o seu uso máis doado e intuitivo.
Entre as melloras poderíamos destacar:
- «Luz nocturna»: «Luz nocturna» é unha nova característica que cambia a cor da súa pantalla en función da hora do día. Fai que a cor da pantalla sexa máis cálida pola noite, o que axuda a evitar insomnio e fatiga ocular. Ademais funciona tanto en X11 como en Wayland.
- Preferencias renovadas: refinouse a interface e mellorouse a funcionalidade existente de tres áreas do aplicativo Preferencias: Contas en liña, Impresoras e Usuarios.
A configuración de impresoras ten unha mellor presentación, mostrando a localización e o nivel de tinta en cada unha das súas impresoras sen necesidade de investigar. As contas en liña teñen unha distribución máis clara e fan un bo traballo mostrando qué contas están dispoñíbeis para configurar. Usuarios ten un carrusel novo e unha distribución mellorada.
- Navegador web mellorado: Web, o navegador web, obtivo numerosas melloras para GNOME 3.24. unha nova barra de enderezos que resolve un importante número de fallos de usabilidade do anterior deseño, e un novo panel emerxente mostra a lista das lapelas abertas, facendo máis doado navegar entre un gran número de páxinas abertas. Ademais de integrar ferramentas para mellorar a xestión da privadade do usuario.
- Melloras en tabletas gráficas Wacom: A compatibilidade de GNOME coas tabletas gráficas Wacom obtivo importantes melloras para 3.24. Para realzar, a xestión das preferencias de Wacom agora é compatíbel con Wayland, o que significa que os usuarios de Wacom xa non terán escusa para non cambiar de X11.
- Un novo aplicativo de Receitas, melloras na integración con Flatpak, compatibilidade con dúas tarxetas gráficas, melloras no renderizado de tipos de letras, iconas en calidade superior e redeseño nalgunha delas, melloras nos aplicativos Calculadora e Calenario, entre moitas outras…
Novidades na tradución ao Galego
Este ciclo supuxo unha continuación do traballo iniciado na anterior publicación.
- Tradución dos aplicativos de GNOME: Como sempre mantemos o nivel de tradución da interface de GNOME ao galego no 100%, incluíndo os novos aplicativos presentados nesta publicación, todos cumprindo cos últimos acordos de terminoloxía publicados pola Asociación Proxecto Trasno.
- Tradución da documentación base: Dado os escasos recursos dos que dispomos no grupo, non puidemos revisar nin actualizar a documentación base dos aplicativos. Se estades interesados, estades convidados a axudar para traducir, revisar e completar modulos da documentación que máis útil lle resulte ao usuario.
Como obter o último GNOME
O código fonte de GNOME 3.24 está dispoñíbel gratuitamente para descargar e redistribuír, aínda que para a maioría de usuarios é aconsellábel agardar ata que GNOME 3.24 estea dispoñíbel a través da súa distribución GNU/Linux ou dos seus fornecedores. Con todo, na web do proxecto é posible consultar a información sobre como obter GNOME para probalo.
Colabora connosco
Se está interesado en axudarnos a facer GNOME mellor, calquera pode involucrarse en GNOME para axudarnos a mellorar o noso software.
O Proxecto GNOME comprácese en presentar a nova versión de GNOME, a 3.22, completamente traducido ao galego polo noso Grupo de traducion de GNOME ao galego. Esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que mantemos o nivel de tradución da interface no 100%.
GNOME 3.22 é a última versión de GNOME 3, resultado de 6 meses de duro traballo da comunidade de GNOME. Contén importantes características novas, así como de pequenas melloras e arranxos de erros. En total, esta publicación incorpora 22980 cambios realizados por 775 contribuidores aproximadamente.
Que hai de novo en GNOME 3.22
GNOME 3.22 continúa o traballo das publicacións anteriores, coa mellora e inclusión de novos aplicativos, que conforman un ambiente de escritorio integrado e coherente no seu conxunto, facendo o seu uso máis doado e intuitivo.
Entre as melloras poderíamos destacar:
- Integración con Flatpak: Flatpak é un novo sistema de distribución de aplicativos para Linux. Esta tecnoloxía tenta facer máis doado distrubuír aplicativos para Linux. Ademáis, os aplicativos Flatpak son máis seguros e poden actualizarse de forma segura sen ter que reiniciar. GNOME 3.22 incorpora no seu aplicativo «Software» a posibilidade de instalar ficheiros de repositorio Flatpak, e tamén introduce ferramentas de desenvolvemento que lle permite aos aplicativos aproveitar completamente as características de seguranza de Flatpak.
- Aplicativo «Ficheiros» mellorado: O aplicativos «Ficheiros» agora permite renomear varios ficheiros á vez. Isto é extremadamente útil ao xestionar coleccións de ficheiros similares, como vídeos, música ou fotos. recibiu melloras solicitadas polos usuarios. E por outro lado integrouse a funcionalidade de ficheiros comprimidos, polo que poderá extraer un ficheiro comprimido (como ficheiros .zip ou .tar.gz) facendo dobre clic, no lugar de usar un aplicativo independente. Por último realizáronse axustes na interface nos controles de visualización e ordenación de contidos.
- Compartir fotos: incorporouse a habilidade para compartir fotos con outras persoas. Esta nova característica permítelle compartir fotos subíndoas a Google, ou enviándoas como anexos dun correo electrónico. No futuro engadiranse máis destinos, incluíndo redes sociais. A compartición de «Fotos» está completamente integrada con Contas en liña, polo que para subir a Google é preciso engadir unha conta de Google no aplicativo «Preferencias».
- «Software» mellorado: O aplicativo «Software» conta con unha aparencia actualizada para GNOME 3.22. A páxina e inicio foi repensada e agora mostra máis teselas de aplicativos e unha sección de categorías que fai a navegacion unha parte integral da experiencia. As puntuacións con estrelas que se mostran agora son máis prominentes para facer máis doado atopar os mellores aplicativos que instalar.
- Ademáis mellorouse a integración coa tecnoloxía Wayland, completando a maioría das características que faltaban; mellorouse o panel de preferencias de teclado; melloras de interface no editor de configuración dConf, entre outras.
Novidades na tradución ao Galego
Este ciclo supuxo unha continuación do traballo iniciado na anterior publicación.
- Tradución dos aplicativos de GNOME: Como sempre mantemos o nivel de tradución da interface de GNOME ao galego no 100%, incluíndo os novos aplicativos presentados nesta publicación, todos cumprindo cos últimos acordos de terminoloxía publicados pola Asociación Proxecto Trasno. Entre os
- Tradución da documentación base: Dado os escasos recursos dos que dispomos no grupo, non puidemos revisar nin actualizar a documentación base dos aplicativos. Neste senso, nos vindeiros meses comezaremos un proxecto, ao que estades convidados a axudar, polo que tentaremos revisar e completar modulos da documentación que máis útil lle resule ao usuario (primeiros pasos, axuda do escritorio, axuda do explorador de ficheiros, …).
Como obter o último GNOME
O código fonte de GNOME 3.22 está dispoñíbel gratuitamente para descargar e redistribuír, aínda que para a maioría de usuarios é aconsellábel agardar ata que GNOME 3.22 estea dispoñíbel a través da súa distribución GNU/Linux ou dos seus fornecedores. Con todo, na web do proxecto é posible consultar a información sobre como obter GNOME para probalo.
Axuda
Se está interesado en axudarnos a facer GNOME mellor, calquera pode involucrarse en GNOME para axudarnos a mellorar o noso software.
O Proxecto GNOME comprácese en presentar a nova versión de GNOME, a 3.14, completamente traducido ao galego. Esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que mantemos o nivel de tradución da interface no 100%.
3.14 é a última publicación de GNOME, resultado de seis meses de traballo do proxecto GNOME. Esta publicación inclúe novas características e unha gran cantidade de melloras pequenas. Esta publicación contén 28859 cambios feitos por cando menos 871 persoas. Entre as novas características e melloras introducidos en GNOME 3.14 están:
Que hai de novo en GNOME 3.14
GNOME 3.14 continúa o traballo das publicacións anteriores na busca da homoxeneización da interface de usuario de tódolos seus aplicativos. Estes cambios fan de GNOME un escritorio máis integrado e coherente no seu conxunto, facendo o seu uso máis doado e intuitivo. Os detalles visuais e tema foron revisados, engadíronse novas animacións no escritorio para mellorar a experiencia de usuario. En conxunto, todos estes cambios fan de GNOME 3 un escritorio aínda mellor.
Entre as melloras poderíamos destacar:
- Xestos multitáctiles: Agora pode usar xestos multitáctiles en pantallas táctiles para a navegación no sistema así como en aplicativos. Pode usar un xesto para abrir a Vista de actividades, a vista de aplicativos e a bandexa de mensaxes. E tamén pode usar un para cambiar de aplicativo ou de espazo de traballo. Vexa a páxina de xestos para obter unha lista destes xestos do sistema.
- Xestión de portais cautivos: GNOME 3.14 conta cunha xestión de puntos de acceso Wifi mellorada. Ao conectarse a un portal Wifi que require autenticación, GNOME amosaralle automaticamente a páxina de inicio como parte do proceso de conexión. Isto asegúralle que sempre saberá cando está conectado e axúdalle a configuralos da forma máis rápida posíbel.
- Contas en liña para «Fotos»: Agora «Fotos» en 3.14 pode acceder a novas orixes de fotos en liña, ao engadir a compatibilidade con Google e servidores multimedia. Isto significa que pode ver de forma doada fotos de Google que foron subidas mediante Picasa, Google+ ou mediante dispositivos Android. As contas de servidores multimeda fornecen acceso a servidores multimedia domésticos, mediante DLNA.
- «Software» continúa mellorando: A nova habilidade de GNOME para explorar e instalar aplicativos estivo facendo grandes progresos nas publicacións recentes, e 3.14 non é unha excepción. A páxina principal, que mostra aplicativos destacados e recomendados, foi mellorado con unha distribución mellorada, máis contido e valoracións. Ademáis, os engadidos de aplicativos poden instalarse e quitarse directamente desde Software, e moitos máis aplicativos contan con capturas de pantalla e descricións, facendo máis doado escoller o aplicativo axeitado para vostede.
- E moitas outra cousas
Novidades na tradución ao Galego
Este ciclo supuxo unha continuación do traballo iniciado na anterior publicación.
- Tradución dos aplicativos de GNOME: Como sempre mantemos o nivel de tradución da interface de GNOME ao galego no 100%, incluíndo os novos aplicativos presentados nesta publicación, todos cumprindo cos últimos acordos de terminoloxía publicados pola Asociación Proxecto Trasno.
- Tradución da documentación base: Fran Diéguez segue a traduciu a documentación base formadas por máis de 65000 palabras para traducir e mellorando a anterior. Os escasos recursos humanos que dispomos lamentabelmente nesta publicación 3.14 só puidemos manter o 43% da tradución na documentación.
Como obter o último GNOME
O código fonte de GNOME 3.14 está dispoñíbel gratuitamente para descargar e redistribuír, aínda que para a maioría de usuarios é aconsellábel agardar ata que GNOME 3.14 estea dispoñíbel a través da súa distribución GNU/Linux ou dos seus fornecedores. Con todo, na web do proxecto é posible consultar a información sobre como obter GNOME para probalo.
Axuda
Se está interesado en axudarnos a facer GNOME mellor, calquera pode involucrarse en GNOME para axudarnos a mellorar o noso software.
O Proxecto GNOME comprácese en presentar a nova versión de GNOME, a 3.12, completamente traducido ao galego. Esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que mantemos o nivel de tradución da interface no 100% e aínda que retrodecemos na tradución da documentación.
3.12 é o resultado de 6 meses de traballo do Proxecto GNOME por enriba dun millar de persoas. Cun gran enfoque en mellorar a experiencia de usuario e coa presentación de novos aplicativos.
Se está interesado en axudarnos a facer GNOME mellor, calquera pode involucrarse en GNOME para axudarnos a mellorar o noso software.
Que hai de novo en GNOME 3.12
GNOME 3.12, grazas a estudos de usabilidade e a integración de novos elementos de interface en todos os aplicativos segue na mellora da súa interface de usuario. Ademais realizáronse moitas pequenas melloras en todo o ambiente de escritorio logo da conversa con usuarios. En conxunto, todos estes cambios fan de GNOME 3 un escritorio aínda mellor.
Entre as melloras poderíamos destacar:
- Melloras na interface: elementos como as novas xanelas emerxentes «popovers», diálogos de usuario, preferencias e asistentes completamente novos e integrados por todo os aplicativos resultan nunha experiencia moito máis pulida e de alta calidade.
- Melloras na compatibilidade con pantallas de alta resolución: A compatibilidade con pantallas de alta resolución foi engadida por primeira vez en 3.10. Isto fornece compatibilidade para pantallas de alta resolución en gran parte de GNOME 3. Desde entón, esta característica foi estendida para incluir todos os aspectos da experiencia principal de GNOME 3, incluíndo a Vista de actividades, a barra superior, a pantalla de bloqueo e os diálogos de sistema.
- Integración da nube ampliada: O camiño de integrar GNOME 3 con servizos na nube continúa en 3.12. Unha das principais características novas desta versión é a introdución da integración con Google Cloud Print. Isto permítelle imprimir desde GNOME en impresoras que estean conectadas ao servizo de Google Cloud Print. Tamén lle permite engadir documentos a Google Drive. Ademais engadíronse outras integracións coa nube como: a integración con Pocket a Videos, Fotos con Facebook e Flickr para cambiar o fondo de escritorio.
- Novos aplicativos: GNOME 3.12 inclúe tres novos aplicativos en vista previa:Polari, Gravadora de son e Rexistros. Todos estes aplicativos en vista previa son moi novos e son publicados por primeira vez co propósito de levar a cabo probas e recoller comentarios dos usuarios. Para obter máis información olle en Aplicativos novos e actualizados.
- E moitas outra cousas
Novidades na tradución ao Galego
Este ciclo supuxo unha continuación do traballo iniciado na anterior publicación.
- Tradución dos aplicativos de GNOME: Como sempre mantemos o nivel de tradución da interface de GNOME ao galego no 100%, incluíndo os novos aplicativos presentados nesta publicación, todos cumprindo cos últimos acordos de terminoloxía publicados pola Asociación Proxecto Trasno.
- Tradución da documentación base: Fran Diéguez segue a traduciu a documentación base formadas por máis de 65000 palabras para traducir e mellorando a anterior. Debido a que unha gran cantidadade da documentación foi rescriba e os escasos recursos humanos que dispomos lamentabelmente nesta publicación 3.12 baixamos do 50% ao 43% da tradución na documentación.
</div<
Como obter o último GNOME
O código fonte de GNOME 3.12 está dispoñíbel gratuitamente para descargar e redistribuír, aínda que para a maioría de usuarios é aconsellábel agardar ata que GNOME 3.12 estea dispoñíbel a través da súa distribución GNU/Linux ou dos seus fornecedores. Con todo, na web do proxecto é posible consultar a información sobre como obter GNOME para probalo.
Logo da publicación de GNOME 3.10 e aproveitando que a tradución está estabilizada, desde o Grupo de tradución de GNOME ao Galego estamos moi orgullosos de publicar os produtos finais en forma de recursos lingüísticos derivados das traducións de GNOME 3.10 de tal forma que todos os tradutores poidan reaproveitar o noso traballo.
Estes recursos contan cos compendios de tradución Inglés-Galego da interface de usuario e documentación para as versións de GNOME 3.10 en formato pocompendium e TMX. Con todo, acadamos unhas cifras moi importantes, contando con 54099 cadeas traducidas.
De seguido podes ollar as estatísticas destacadas:
Estatísticas para GNOME 3.10
Cadeas | Palabras | |
Interface de usuario | 36326 | 167129 |
Documentación | 11849 | 85168 |
Descarga
Como comentamos antes publicamos as memorias de tradución para a versión 3.10 de GNOME (formatos Po e TMX):
Licenza
Todos os ficheiros están publicados baixo a licenza Creative Commons BY-SA 3.0 co que podes empregalos de forma libre namentres cumpras cos termos da licenza.