Revisión técnica de traducións

A tradución técnica de traducións é un dos pasos importantes para facer que as nosas traducións se integren correctamente en GNOME.

Este tipo de revisión leva a cabo un proceso de comprobación de calidade sobre as traducións empregando unha serie de ferramentas informáticas que facilitan esta tarefa. Entre os elementos de posíbel fallo búscanse:

  1. Etiquetas XML ben formadas (<application_name>, …)
  2. Marcadores de variábeis ben formados e na posición correcta (%s, %d, …)
  3. Nomes de aplicativos ben escritos.
  4. Revisión de referencias cruzadas na tradución.
  5. e outros

Ferramenta empregada: Pology

Para a revisión técnica deberemos instalar unha serie de aplicativos que nos facilitarán a tarefa de atopar os erros anteriores. A única ferramenta necesaria neste momento é Pology.

Pology ten moitas ferramenta interesantes que nos axudarán a revisar, facer minaría de datos, etc, se ben aquí centrarémonos en posieve.

Instalación

Para instalar pology debes descargar o código desde o repositorio subversion.

svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-support/pology

Posieve

Posieve é unha ferramenta que nos permite mediante unhas regras predefinidas facer buscas nun ficheiro de tradución e obter información do mesmo.

Entre os usos principais están:

  • Estatísticas do pofile
  • Estatísticas do pofile mediante filtrado
  • Revisión terminolóxica dun pofile (segundo regras)
  • Revisión estilística dun pofile (segundo regras)
  • e moitas máis

Exemplos

  • Revisión con aceleradores e sen regras inversas e comprobación con msgfmt –check
posieve -b --msgfmt-check --no-skip check-rules -slang:gl -s"rulerx:^PT*" -saccel:_ -snorulerx:dual core/nautilus/po/gl.po
  • Verificación ortográfica con aceleradores
posieve -b check-spell-ec -sprovider:myspell -slang:gl -saccel:_ core/nautilus/po/gl.po

Uso en GNOME

O uso en GNOME é bastante automatizado tentando que o revisor non perda tempo. A continuación explicarei o sistema empregado para revisar o core de GNOME. A vantaxe que ten GNOME é que podemos descargar un tarball (arquivo comprimido que contén moitos ficheiros) cos últimos pofiles de todo o proxecto. Que podemos descargar desde [1], cambiando o 3-0 pola versión que desexe.

Para traballar crearemos un cartafol chamado GNOME e dentro del crearemos dous cartafoles chamados po e errors. Logo de ter os ficheiros e os cartafoles preparados extraeremos os ficheiros to tarball no cartafol po. Este será o noso cartafol de traballo.

Para xerar ficheiros de erros nas traducións para todos os pofiles executamos:

for i in `ls -1`; do ../pology/bin/posieve -b --msgfmt-check --no-skip check-rules -slang:gl  -saccel:_ -snorulerx:dual $i  > ../errors/$i.errors; done

Isto creará un ficheiro de texto que contén os erros correspondentes ao mesmo ficheiro po correspondente co nome.

Para revisar cada ficheiro debemos cargar o ficheiro de texto de erros no gedit, activando o resaltado de sintaxe en traducións Gettext, e o ficheiro po no gtranslator. Agora teremos que revisar cada erro do ficheiro de erros e ir aplicando os cambios no gtranslator segundo corresponda.

Cando tenha rematada a revisión do ficheiro simplemente pase ao seguinte ficheiro até rematar con todos.