Traducir

A tradución do GNOME é relativamente sinxela en comparación con outros proxectos. A principal base de localización en GNOME é a tecnoloxía gettext http://www.gnu.org/software/gettext/ e por outra parte Mallard http://projectmallard.org/. Duas tecnoloxías que seguen o principio UNIX á máxima, “librarías, neste caso, que só realizan unha tarefa”.

Ciclo de traducións de GNOME

O Proxecto GNOME publica unha nova versión cada 6 meses (cada Abril e Outubro). Durante ese tempo tanto desenvolvedores como tradutores melloran os aplicativos que forman parte

Que partes se poden traducir?

GNOME está formado por decenas de aplicativos independetes (reprodutor de filmes, navegador, etc.) co que teremos que ir traducindo cada aplicativo por separado.

Porén GNOME fai unha distinción entre aplicativos do núcleo (é dicir, aplicativos que é importante ter completados) e aplicativos adicionais (que aínda que son magníficos aplicativos non son tan importantes como o resto). Polo tanto grazas a esta distinción

Podes botar unha ollada nas seguintes ligazóns para ver unha lista completa de tódolos aplicativos que forman parte de GNOME:

Aquí pode ver un listado de tódolos conxuntos de aplicativos:

Roles na tradución de GNOME

No Equipo de localización do escritorio GNOME temos roles ben diferenciados para cada un dos colaboradores do proxecto. Entre eles destacamos:

  1. Tradutor: realiza as traducións dos aplicativos
  2. Revisor: recolle as traducións do tradutor e aplica unha revisión estilística, ortográfica e terminolóxia.
  3. Remisor: en canto as traducións están completadas e revisadas publícanse no repositorio centralizado de traducións de GNOME

Grazas a este fluxo garántese unha calidade máxima nas traducións, tendo unha planificación ben definida e que finalmente facilita a organización exacta.

Na seguinte ligazónn podes ver o fluxo completo de localización: http://l10n.gnome.org/help/vertimus_workflow/

Damned Lies: o noso sistema centralizado de coordinación

Damned Lies é o noso sistema centralizado de coordinación de traducións, revisións e revisións. Explicado de forma sinxela é un lugar onde saber se hai novo traballo que facer e desde onde descargar os ficheiros que precisamos editar para completar unha tradución.

Damned Lies ten a particularidade que permite bloquear un aplicativo para que ningún outro membro do grupo traduza o mesmo aplicativo mentres ti estas facéndoo.

Como traduzo logo?

Ben, sinxelo. O primeiro que tes que facer é poñerte en contacto co coordenador do grupo (olla na páxina principal do grupo http://l10n.gnome.org/teams/gl/) para que che asigne un aplicativo para traducir. El fornecerache información sobre como descargar o ficheiro de tradución e solucionarache as dúbidas que teñas.

Poñamos por exemplo que tes que traducir o aplicativo «totem» que podes consultar desde aquí.

  1. Terás que descargar o ficheiro de tradución (un ficheiro rematado en po) premendo co botón dereito sobre frecha verde de embaixo (olla a captura de pantalla anterior) e gardalo no teu disco duro.
  2. Reserva a tradución deste aplicativo en Damned Lies empregando o formulario que hai xusto debaixo dos botóns de descarga dos ficheiros (marcando a opción «Reservar para traducir»)
  3. Empregando un aplicativo especializado completa tódalas cadeas que aparecen como non traducidas ou como dubidosas.
    Aquí tes un manual de como empregar Gtranslator (en Linux).
  4. Ao rematar envía ese ficheiro completado empregando o mesmo formulario que empregáches para reservar o ficheiro porén esta vez non esquezas anexar o ficheiro no Campo «File» desde o teu computador.

A partires dese momento os revisores do Equipo de Localización de GNOME ao Galego encargaranse de revisar e darche suxestións para que no futuro poidas mellorar as túas traducións.

Tes máis ganas de seguir axudándonos? Solicítalle outro aplicativo ao coordenador e volve a empezar estas instrucións