Empregar Gtranslator

O aplicativo Gtranslator é un aplicativo para traducir ficheiros «po». A súa interface é moi sinxela porén ten moitas funcionalidades que son moi útiles. Nesta guía explicarémoslle como empregar o Gtranslator para que poida axudarnos a traducir o GNOME ao Galego.

Descargar e instalar Gtranslator

A última versión de Gtranslator (no momento de escribir esta guía) é a 2.90.5

Iniciando Gtranslator por primeira vez

A primeira vez que inicia Gtranslator mostraralle un asistente de configuración que lle permitirá definir un perfil co seu nome e outra información importante para o funcionamento do programa.

Configurar o noso perfil

Antes de comezar o uso de Gtranslator compre fornecer algunha información para que o programa saiba a que idioma queremos traducir e crear un perfil de tradutor.

Datos de usuario

O primeiro paso é fornecer os datos:

  • Nome de perfíl: é o nome que se usa para identificar este perfíl (Gtranslator permite ter varios perfiles, por se colaboras con varios equipos de tradución, ou distintos idiomas).
  • Nome do tradutor: escribe aquí o teu nome completo, este nome é o que se emprega para identificarte entre o resto dos tradutores.
  • Correo-e do tradutor: é o correo electrónico que se usa para o caso de que alguén queira poñerse en contacto contigo.

Datos do idioma ao que queremos traducir

Ben, agora é o paso de completar a información sobre o idioma ao que queremos traducir. Usa as listas despregábeis para completar tódolos campos como a captura de embaixo.

Terás que engadir á man o correo do grupo, neste caso para GNOME en galego é: gnome-gl-list@gnome.org

O último paso consiste na creación dunha memoria de tradución. Polo de agora este paso pola súa dificultade inicial.

 

Nun futuro escribiremos un manual máis extenso sobre este asunto.

Cargar o ficheiro que queremos traducir

Xa temos todo configurado, co que podemos comezar a traducir. preme na icona do cartafol desde a barra de ferramentas ou preme Ficheiro>Abrir para abrir o ficheiro que desexas traducir e logo de seleccionalo preme Aceptar.

Interface de Gtranslator

Como podes ver a interface é ben sinxela:

  • Unha lista onde aparecen a lista de cadeas para traducir con uns indicadores de estado
  • Dous campos de texto na parte inferior, un para a cadea orixinal e outro para poder escribir nós o texto traducido ao galego
  • No caso de activar as memorias de tradución e co paso do tempo, Gtranslator irá gardando as mensaxes que fomos traducindo. Para logo facernos suxestións no caso de que a cadea que queremos traducir se semelle a algunha que ten na súa base de datos de cadeas traducidas.

Como pode ver no listado hai unha columna de estado:

  • Dubidosa: unha cadea que está parcialmente traducida e que polo tanto precisa tradución. Pode trocar este estado co atallo de teclado Ctrl+U.
  • Non traducida: unha cadea que non está traducida e que precisa completarse.
  • Sen imaxe Traducida: unha cadea que xa está traducida e que non fai falla cambiala.

Gardando os cambios

Logo de rematar deberá gardar os cambios no ficheiro. Para facer isto pode premer na icona de Gardar desde a barra de ferramentas ou premer Ficheiro>Gardar desde o menú superior.

Outras cousas

Gtranslator conta con algunhas funcionalidades que lle poden axudar no seu traballo de tradución.

Activar a comprobación ortográfica

Gtranslator conta con un comprobador de ortografía (só se temos os dicionarios para o idioma que queremos traducir instalados). Está activado por omisión, porén para asegurarse de que está activado vaia ao menú Editar>Preferencias

e logo na lapela Editor comprobe que «Comprobar ortografía» está marcado:



Activar máis engadidos

Gtranslator conta con máis engadidos que expanden a súa funcionalidad. Para activalos vaia ao menú Editar>Preferencias, como anteriormente, e logo vaia á lapela Engadidos.

Algúns dos engadidos máis útiles son:

  • Insert Params or Tags: permítelle inserir parámetros (p.ex %s) ou etiquetas (p.ex. <link>) de forma automática mediante o atallo de teclado Ctrl+Maiús+I
  • Lingua alternativa: permítelle cargar un ficheiro traducido noutro idioma. Deste xeito mentres está traducindo de Inglés a Galego poderá ver como traduciron os nosos compañeiros do Castelán.