O Equipo

O grupo de tradución de GNOME ao galego é un grupo aberto de persoas que colaboran de forma altruísta á tradución do noso ambiente de escritorio prefirido.

Resultamos un grupo de traballo multidisciplinar no cal a maioría de nós somos informáticos interesados en facer do galego un idioma de primeiro nivel nas novas tecnoloxías.

Colaboramos activamente na Asociación Proxecto Trasno (www.trasno.net) desde a cal temos apoio de lingüistas especializados na tradución de Software Libre, asentamos terminoloxía e desenvolvemos recursos e aplicativos comúns que nos axudan na tradución e revisión das traducións.

Integrantes do grupo

O grupo está coordinado por Fran Diéguez, o cal leva a cabo as tarefas de coordenación, revisión e validación das traducións e un conxunto de colaboradores puntuais e institucións externas.

Ao longo do tempo pasaron moitas persoas e institucións colaborando na tradución:

  • Ignacio Casal, un dos primeiros coordenadores
  • Leandro Regueiro, tradutor e revisor de aplicativos de Software Libre
  • Antón Méixome, lingüista experimentado na tradución de Software Libre
  • Xunta de Galicia, mediante o proxecto Mancomun.org
  • e moitos outros que colaboraron puntualmente nas labouras do grupo…

Se queres formar parte deste grupo ou queres máis información sobre o mesmo, contacta co coordinador do grupo.