Guía de localización

Mancomún no ano 2009 recompilou e distribuíu por medio da comunidade de galeguización unha versión avanzada do Manual de localización de software ao galego (v.0.9c) que contén recollida información útil para o tradutor, sobre ferramentas de TAC (tradución asistida por computador) así como unha serie de anexos lexicográficos que supoñen, en conxunto a maior concreción sobre estratexias, criterio e vocabulario do ámbito informatico en lingua galega ata a data.

Aínda que esta guía resulta un recurso moi completo cómpre destacar que está desactualizada. Esta guía non recolle os novos consensos acadados pola comunidade de tradución galega desde o ano 2009 e que claramente dofiren con algunhas recomendacións da guía.

Pode descargar o PDF da Guía de localización de de software desde o seguinte enderezo https://forxa.mancomun.org/frs/?group_id=207 ou premendo na icona de embaixo.

Descargar Guía de localización de de software

Para ter unha lista dos últimos consensos pode visitar a guía de localización reducida.