Memorias de tradución

As memorias de tradución son almacéns compostos de textos orixinais nun idioma aliñados coa súa tradución en otra(s). Esta definición de memorias de tradución coincide literalmente cunha das definicións máis aceptadas de corpus lingüístico de tipo paralelo (Baker, 1995). Por isto pódese dicir que as memorias de traducción son corpus paralelos.

A principal función das memorias de traducción (en diante, MT) é extraer suxestións totais ou parciais dunha frase e concordancias para termos. Durante a traducción, búscanse segmentos do idioma de orixe na base de datos da MT. Se a MT posúe un segmento no idioma de orixe que coincide exactamente, este segmento mostrarase na parte de MT da xanela, xunto coa súa tradución e a información adicional gardada co segmento na base de datos. O grado de similitude é do 100%.

Documentación varia

Descarga de memorias de tradución