Publicamos o novo GNOME 3.28 en galego

O Proxecto GNOME comprácese en presentar a nova versión de GNOME, a 3.28, completamente traducido ao galego polo noso Grupo de traducion de GNOME ao galego. Esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que mantemos o nivel de tradución da interface no 100%.

GNOME 3.28 é a última versión de GNOME 3, resultado de 6 meses de duro traballo da comunidade de GNOME. Contén importantes características novas, así como de pequenas melloras e arranxos de erros. En total, esta publicación incorpora 28459 cambios realizados por 753 contribuidores aproximadamente.

Que hai de novo en GNOME 3.28?

GNOME 3.28 continúa o traballo das publicacións anteriores, coa mellora e inclusión de novos aplicativos, que conforman un ambiente de escritorio integrado e coherente no seu conxunto, facendo o seu uso máis doado e intuitivo.

Entre as melloras poderíamos destacar:

Escolle os teus favoritos

En Ficheiros, agora é posíbel marcar como favoritos ficheiros e cartafoles. En canto os engada, os elementos marcados serán visíbeis de forma doada nunha localización especial que pode abrir desde a barra lateral.  

Melloras na organización persoal

En Reloxos, agora é posíbel engadir o fuso horario UTC aos seus reloxos mundiais; Contactos agora permítelle ordenar tanto por apelido como por nome. Tamén ten una nova xanela de atallos e un conxunto de melloras de interface; A vista mensual de Calendario foi mellorada. Os eventos móstranse dunha forma máis doada de ler, e agora é posíbel expandir de forma axeitada as celas que superpoñen eventos…

Máis cousas bonitas

GNOME 3.28 ven cargado de cousas bonitas! Primeiro, e o máis importante, o tipo de letra por omisión da interface de GNOME (chamada Cantarell) conta con unha actualización importante. As formas de caracteres e espazado evolucionaron, polo que o texto será máis lexíbel e atractivo. Engadíronse varios novos pesos — negriña lixeira e extra — que se usan para producir interfaces que son tanto modernas como bonitas.

Entre as outras cousas bonitas que inclúe GNOME están unha colección de fondos de escritorio, que foi actualizada para incluír un conxunto de fotografías visualmente atractivas, así como unha selección de fotos de perfil, que foi completamente actualizada con novas imaxes que pode seleccionar.

Características multimedia e de entretemento

A xestión multimedia e de entretemento foi mellorada en GNOME 3.28. Moitos destes cambios están en Fotos, o cal obtivo a nova característica de importado desde dispositivo, que fai máis doado engadir fotos á súa colección desde un dispositivo removíbel, como tarxetas SD e unidades USB. Esta característica detecta automaticamente os dispositivos que conteñen novas imaxes e tamén lle permite organizar as novas imaxes en álbums mentres os importa. Entre outras melloras en Fotos están as novas ferramentas de edición para sombras e realces e melloras de rendemento.

Novo aplicativo «Uso»

Uso é un novo aplicativo de GNOME que foi introducido en 3.28 como una vista previa da tecnoloxía. O novo aplicativo foi redeseñado para facer máis doado diagnosticar e resolver problemas de rendemento e capacidade. A versión inicial inclúe funcións para examinar o consumo de CPU e memoria. As áreas problemáticas reálzanse, facendo rápido e doado identificar a orixe dos problemas.

A vista previa de Uso tamén mostra o uso do disco. A interface para isto realza os orixes de uso de disco común que poden limparse, como o lixo e os ficheiros temporais.

Se quere ver unha lista máis detallada das novidades de GNOME olle as notas de publicación (tamén en galego).

Novidades na tradución ao Galego

Este ciclo supuxo unha continuación do traballo iniciado na anterior publicación.

  • Tradución dos aplicativos de GNOME:  Como sempre mantemos o nivel de tradución da interface de GNOME ao galego no 100%, incluíndo os novos aplicativos presentados nesta publicación, todos cumprindo cos últimos acordos de terminoloxía publicados pola Asociación Proxecto Trasno.
  • Tradución da documentación base: Nesta publicación avanzamos no completado da documentación de usuario, ate perto do 40%.

Como obter o último GNOME

O código fonte de GNOME 3.28 está dispoñíbel gratuitamente para descargar e redistribuír, aínda que para a maioría de usuarios é aconsellábel agardar ata que GNOME 3.26 estea dispoñíbel a través da súa distribución GNU/Linux ou dos seus fornecedores. Con todo, na web do proxecto é posible consultar a información sobre como obter GNOME para probalo.

Colabora connosco

Alén do traballo realizado, reiteramos que precisamos axuda no grupo para poder completar máis aplicativos e documentación dos mesmos. Máis agora que a famosa distribución Ubuntu emprega o escritorio GNOME. O cal signifca que agora GNOME conta con unha visibilidade máis importante e precisamos que este escritorio brille como se merece en Galego: traducido ao 100%, sen grallas e con unha tradución consistente.

Se está interesado en axudarnos en calquera das tarefas do grupo a facer GNOME mellor, calquera pode involucrarse en GNOME para axudarnos a mellorar o noso software.

Axudanos a facer GNOME en Galego mellor

Logo da publicación de GNOME 3.20 desde o Grupo de tradución de GNOME ao Galego estamos moi orgullosos de publicar os produtos finais en forma de recursos lingüísticos derivados das traducións de GNOME 3.20 de tal forma que todos os tradutores poidan reaproveitar o noso traballo.

Estes recursos contan cos compendios de tradución Inglés-Galego da interface de usuario e documentación para os aplicativos que forman parte de GNOME 3.20 en formato TMX.

De seguido podes ollar as estatísticas destacadas:

Estatísticas para GNOME 3.20

Cadeas traducidas Palabras traducidas
Interface de usuario 38417 176322

Descarga

Como comentamos antes publicamos as memorias de tradución para a versión 3.20 de GNOME (formatos TMX):

Compendio TMX da interface de usuario de GNOME 3.20

Licenza

Todos os ficheiros están publicados baixo a licenza Creative Commons BY-SA 3.0 co que podes empregalos de forma libre namentres cumpras cos termos da licenza.

O Proxecto GNOME comprácese en presentar a nova versión de GNOME, a 3.20, completamente traducido ao galego. Esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que mantemos o nivel de tradución da interface no 100%.

GNOME 3.20 é a última versión de GNOME 3, resultado de 6 meses de duro traballo da comunidade de GNOME. Contén importantes características novas, así como de pequenas melloras e arranxos de erros. En total, esta publicación incorpora 28933 cambios realizados por 837 contribuidores aproximadamente.

Que hai de novo en GNOME 3.20

GNOME 20 continúa o traballo das publicacións anteriores, coa mellora e inclusión de novos aplicativos, que conforman un ambiente de escritorio integrado e coherente no seu conxunto, facendo o seu uso máis doado e intuitivo.

Entre as melloras poderíamos destacar:

  • Anotación do seu sistema operativo sen esforzo: Xa era posíbel instalar actualizacións de software mediante o aplicativo Software. Porén, desde 3.20 tamén é posíbel anovar a versións maiores do seu sistema operativo. Esta é a primeira vez que GNOME ten esta habilidade o que significa que non precisará realizar unha nova instalación ou usar unha ferramenta de liña de ordes para obter a seguinte versión da súa distribución. Isto é un fito moi importante en aras de facer os sistemas baseados en GNOME máis amigábeis e accesíbeis para todos os usuarios.
    os-upgrades
  • Edición de fotos simple e doada: Con 3.20 chegou a edición a Fotos. Os novos controles de edición son máis simples e doados de usar, ademais a edición non é destrutiva, deste xeito gardarase a súa foto orixinal e poderá desfacer os cambios. Entre as funcións de edición están o recorte, rotación, axuste de cor e mellorado de fotografías. Tamén conta con unha selección de filtros artísticos.
    photo-editing
  • Coñeza todo os atallos: As xanelas de atallos son unha nova forma de obter información sobre os atallos nos aplicativos GNOME. Cada xanela de atallos mostra os atallos de teclado e xestos multitáctiles (como nas áreas táctiles) para un aplicativo, así como as súas funcións correspondentes. Os grupos e páxinas axudan coa navegación e a busca permítelle atopar os atallos específicos que podería estar buscando.
  • Aplicativo «Ficheiros» máis pulido: O aplicativo Ficheiros obtivo un gran pulido en 3.20. A busca mellorouse especialmente: os filtros de busca foron mellorados e son moito máis simples e doados de usar que a versión anterior. Tamén se fixo a busca máis robusta: solucionáronse os problemas de rendemento, e a interface é máis rápida e máis adaptábel.
    files-search
  • Ademáis da inclusión de opinións de aplicativos en Software e da incríbel tecnoloxía xdg-app, melloras en rendemento e seguranza de WebKitGTK+, engadidos de interface de Polari, mellor control da privacidade no uso dos servizos de localización e o pulido da integración coa tecnoloxía de seguinte xeración Wayland, que xa pode ser usada no día a día sen maiores problemas.
Se quere ver unha lista máis detallada das novidades de GNOME olle as notas de publicación (tamén en galego),

Novidades na tradución ao Galego

Este ciclo supuxo unha continuación do traballo iniciado na anterior publicación.

  • Tradución dos aplicativos de GNOME:  Como sempre mantemos o nivel de tradución da interface de GNOME ao galego no 100%, incluíndo os novos aplicativos presentados nesta publicación, todos cumprindo cos últimos acordos de terminoloxía publicados pola Asociación Proxecto Trasno.
  • Tradución da documentación base: Dado os escasos recursos dos que dispomos no grupo, non puidemos revisar nin actualizar a documentación base dos aplicativos. Neste senso, se queres axudarnos revisa a seguinte sección «Axuda» para poñerte en contacto connosco

Como obter o último GNOME

O código fonte de GNOME 3.20 está dispoñíbel gratuitamente para descargar e redistribuír, aínda que para a maioría de usuarios é aconsellábel agardar ata que GNOME 3.20 estea dispoñíbel a través da súa distribución GNU/Linux ou dos seus fornecedores. Con todo, na web do proxecto é posible consultar a información sobre como obter GNOME para probalo.

Axuda

Se está interesado en axudarnos a facer GNOME mellor, calquera pode involucrarse en GNOME para axudarnos a mellorar o noso software.

Logo da publicación de GNOME 3.14 desde o Grupo de tradución de GNOME ao Galego estamos moi orgullosos de publicar os produtos finais en forma de recursos lingüísticos derivados das traducións de GNOME 3.14 de tal forma que todos os tradutores poidan reaproveitar o noso traballo.

Estes recursos contan cos compendios de tradución Inglés-Galego da interface de usuario e documentación para as versións de GNOME 3.14 en formato TMX.

De seguido podes ollar as estatísticas destacadas:

Estatísticas para GNOME 3.14

Cadeas traducidas Palabras traducidas
Interface de usuario  37222  172185
Documentación  6598  72693

Descarga

Como comentamos antes publicamos as memorias de tradución para a versión 3.14 de GNOME (formatos TMX):

Compendio TMX da interface de usuario de GNOME 3.14

Compendio TMX da documentación de GNOME 3.14

Licenza

Todos os ficheiros están publicados baixo a licenza Creative Commons BY-SA 3.0 co que podes empregalos de forma libre namentres cumpras cos termos da licenza.

O Proxecto GNOME comprácese en presentar a nova versión de GNOME, a 3.14, completamente traducido ao galego. Esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que mantemos o nivel de tradución da interface no 100%.

3.14 é a última publicación de GNOME, resultado de seis meses de traballo do proxecto GNOME. Esta publicación inclúe novas características e unha gran cantidade de melloras pequenas. Esta publicación contén 28859 cambios feitos por cando menos 871 persoas. Entre as novas características e melloras introducidos en GNOME 3.14 están:

Que hai de novo en GNOME 3.14

GNOME 3.14 continúa o traballo das publicacións anteriores na busca da homoxeneización da interface de usuario de tódolos seus aplicativos. Estes cambios fan de GNOME un escritorio máis integrado e coherente no seu conxunto, facendo o seu uso máis doado e intuitivo. Os detalles visuais e tema foron revisados, engadíronse novas animacións no escritorio para mellorar a experiencia de usuario. En conxunto, todos estes cambios fan de GNOME 3 un escritorio aínda mellor.

Entre as melloras poderíamos destacar:

  • Xestos multitáctiles: Agora pode usar xestos multitáctiles en pantallas táctiles para a navegación no sistema así como en aplicativos. Pode usar un xesto para abrir a Vista de actividades, a vista de aplicativos e a bandexa de mensaxes. E tamén pode usar un para cambiar de aplicativo ou de espazo de traballo. Vexa a páxina de xestos para obter unha lista destes xestos do sistema.multitouch
  • Xestión de portais cautivos: GNOME 3.14 conta cunha xestión de puntos de acceso Wifi mellorada. Ao conectarse a un portal Wifi que require autenticación, GNOME amosaralle automaticamente a páxina de inicio como parte do proceso de conexión. Isto asegúralle que sempre saberá cando está conectado e axúdalle a configuralos da forma máis rápida posíbel.captive-portal
  • Contas en liña para «Fotos»: Agora «Fotos» en 3.14 pode acceder a novas orixes de fotos en liña, ao engadir a compatibilidade con Google e servidores multimedia. Isto significa que pode ver de forma doada fotos de Google que foron subidas mediante Picasa, Google+ ou mediante dispositivos Android. As contas de servidores multimeda fornecen acceso a servidores multimedia domésticos, mediante DLNA.photos
  • «Software» continúa mellorando: A nova habilidade de GNOME para explorar e instalar aplicativos estivo facendo grandes progresos nas publicacións recentes, e 3.14 non é unha excepción. A páxina principal, que mostra aplicativos destacados e recomendados, foi mellorado con unha distribución mellorada, máis contido e valoracións. Ademáis, os engadidos de aplicativos poden instalarse e quitarse directamente desde Software, e moitos máis aplicativos contan con capturas de pantalla e descricións, facendo máis doado escoller o aplicativo axeitado para vostede.software
  • E moitas outra cousas
Se quere ver unha lista máis detallada das novidades de GNOME olle as notas de publicación (tamén en galego),

Novidades na tradución ao Galego

Este ciclo supuxo unha continuación do traballo iniciado na anterior publicación.

  • Tradución dos aplicativos de GNOME:  Como sempre mantemos o nivel de tradución da interface de GNOME ao galego no 100%, incluíndo os novos aplicativos presentados nesta publicación, todos cumprindo cos últimos acordos de terminoloxía publicados pola Asociación Proxecto Trasno.
  • Tradución da documentación base: Fran Diéguez segue a traduciu a documentación base formadas por máis de 65000 palabras para traducir e mellorando a anterior. Os escasos recursos humanos que dispomos lamentabelmente nesta publicación 3.14 só puidemos manter o 43% da tradución na documentación.

Como obter o último GNOME

O código fonte de GNOME 3.14 está dispoñíbel gratuitamente para descargar e redistribuír, aínda que para a maioría de usuarios é aconsellábel agardar ata que GNOME 3.14 estea dispoñíbel a través da súa distribución GNU/Linux ou dos seus fornecedores. Con todo, na web do proxecto é posible consultar a información sobre como obter GNOME para probalo.

Axuda

Se está interesado en axudarnos a facer GNOME mellor, calquera pode involucrarse en GNOME para axudarnos a mellorar o noso software.

O Proxecto GNOME comprácese en presentar a nova versión de GNOME, a 3.12, completamente traducido ao galego. Esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que mantemos o nivel de tradución da interface no 100% e aínda que retrodecemos na tradución da documentación.

3.12 é o resultado de 6 meses de traballo do Proxecto GNOME por enriba dun millar de persoas. Cun gran enfoque en mellorar a experiencia de usuario e coa presentación de novos aplicativos.

Se está interesado en axudarnos a facer GNOME mellor, calquera pode involucrarse en GNOME para axudarnos a mellorar o noso software.

Que hai de novo en GNOME 3.12

GNOME 3.12, grazas a estudos de usabilidade e a integración de novos elementos de interface en todos os aplicativos segue na mellora da súa interface de usuario. Ademais realizáronse moitas pequenas melloras en todo o ambiente de escritorio logo da conversa con usuarios. En conxunto, todos estes cambios fan de GNOME 3 un escritorio aínda mellor.

Entre as melloras poderíamos destacar:

  • Melloras na interface: elementos como as novas xanelas emerxentes «popovers», diálogos de usuario, preferencias e asistentes completamente novos e integrados por todo os aplicativos resultan nunha experiencia moito máis pulida e de alta calidade.

    rounding-things-out

  • Melloras na compatibilidade con pantallas de alta resolución: A compatibilidade con pantallas de alta resolución foi engadida por primeira vez en 3.10. Isto fornece compatibilidade para pantallas de alta resolución en gran parte de GNOME 3. Desde entón, esta característica foi estendida para incluir todos os aspectos da experiencia principal de GNOME 3, incluíndo a Vista de actividades, a barra superior, a pantalla de bloqueo e os diálogos de sistema.

    hi-res-displays

  • Integración da nube ampliada: O camiño de integrar GNOME 3 con servizos na nube continúa en 3.12. Unha das principais características novas desta versión é a introdución da integración con Google Cloud Print. Isto permítelle imprimir desde GNOME en impresoras que estean conectadas ao servizo de Google Cloud Print. Tamén lle permite engadir documentos a Google Drive. Ademais engadíronse outras integracións coa nube como: a integración con Pocket a Videos, Fotos con Facebook e Flickr para cambiar o fondo de escritorio.

    cloud-integration

  • Novos aplicativos: GNOME 3.12 inclúe tres novos aplicativos en vista previa:Polari, Gravadora de son e Rexistros. Todos estes aplicativos en vista previa son moi novos e son publicados por primeira vez co propósito de levar a cabo probas e recoller comentarios dos usuarios. Para obter máis información olle en Aplicativos novos e actualizados.

    new-preview-apps

  • E moitas outra cousas
Se quere ver unha lista máis detallada das novidades de GNOME olle as notas de publicación (tamén en galego),

Novidades na tradución ao Galego

Este ciclo supuxo unha continuación do traballo iniciado na anterior publicación.

  • Tradución dos aplicativos de GNOME:  Como sempre mantemos o nivel de tradución da interface de GNOME ao galego no 100%, incluíndo os novos aplicativos presentados nesta publicación, todos cumprindo cos últimos acordos de terminoloxía publicados pola Asociación Proxecto Trasno.
  • Tradución da documentación base: Fran Diéguez segue a traduciu a documentación base formadas por máis de 65000 palabras para traducir e mellorando a anterior. Debido a que unha gran cantidadade da documentación foi rescriba e os escasos recursos humanos que dispomos lamentabelmente nesta publicación 3.12 baixamos do 50% ao 43% da tradución na documentación.
Podes ver o traballo levado a cabo nas traducións día por día na seguinte ligazón, aínda que esta ligazón non inclúe todas as traducións na documentación. Galician translations for GNOME
</div<

Como obter o último GNOME

O código fonte de GNOME 3.12 está dispoñíbel gratuitamente para descargar e redistribuír, aínda que para a maioría de usuarios é aconsellábel agardar ata que GNOME 3.12 estea dispoñíbel a través da súa distribución GNU/Linux ou dos seus fornecedores. Con todo, na web do proxecto é posible consultar a información sobre como obter GNOME para probalo.

De novo o Proxecto GNOME comprácese en presentar a nova versión de GNOME, a 3.8. Esta última actualización de GNOME 3 representa 6 meses de duro traballo do Proxecto GNOME.

Esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que mantemos o nivel de tradución da interface no 100% e estendémolo a tradución da documentación a máis módulos, chegando ao 48%.

3.8 é o resultado de 6 meses de traballo do Proxecto GNOME e contén 35936 contribucións de aproximadamente 960 persoas. Onde se puxo un especial enfoque en pulir os pequenos problemas e facer o sistema máis consistente.

Se está interesado en axudarnos a facer GNOME mellor, calquera pode involucrarse en GNOME para axudarnos a mellorar o noso software.

Que hai de novo en GNOME 3.8

GNOME 3.8, como o seu predecesor, ven completo de melloras na interface de usuario. Conta con un gran número de novas funcionalidades, incluíndo unha Vista xeral de Actividades máis potente e pulida, a integración total das orixes de entrada para usar diferentes idiomas e tamén incorpora outras pequenas melloras. En conxunto, todos estes cambios fan de GNOME 3 un escritorio aínda mellor.

Entre as melloras poderíamos destacar:

  • Vista xeral de actividades: mellorouse aínda máis a forma de buscar elementos no seu computador. Agora a vista de actividades pode buscar ficheiros no seu computador, paneis de preferencias e contactos, ademais da tradicional busca de aplicativos instalados.
    search
  • Privacidade e compartición: Como parte do obxectivo de protexer a privacidade dos nosos usuarios, 3.8 inclúe un conxunto de preferencias de privacidade e compartición, as cales lle permiten controlar quen accede ao contido no seu computador, canta información persoal se mostra na pantalla e que características que vixían a súa actividade están activadas.
  • Renderizado de animacións mellorado: GNOME 3.8 obtivo un progreso tecnolóxico significativo na forma que os gráficos animados se renderizan. Ao mellorar a coordinación entre os compoñentes responsábeis de mostrar gráficos animados, acadouse unha incríbel mellora de eficiencia e rendemento.
  • Detalles: inclúese un gran número de pequenos arranxos e melloras. Arranxáronse moitos detalles para fornecer unha experiencia máis pulida. Destacamos a inclusión de as novas transicións animadas, melloras visuais e arranxos de usabilidade. Algunhas destas melloras foron parte da iniciativa “Cada detalle importa”, que arranxou perto de 60 erros durante o ciclo de desenvolvemento de 3.8.
    details
  • Modo clásico: Para todos aqueles que votan de menos o modo de experiencia de escritorio tradicional de GNOME 2, en 3.8 engadiuse de volta construído completamente con tecnoloxías de GNOME 3.
  • E moitas outras máis
Se quere ver unha lista máis detallada das novidades de GNOME olle as notas de publicación (tamén en galego),

Novidades na tradución ao Galego

Este ciclo supuxo unha continuación do traballo iniciado na anterior publicación. Grazas a este traballo alcanzamos o 48% da documentación traducida ao galego.

  • Tradución dos aplicativos de GNOME:  Como sempre mantemos o nivel de tradución da interface de GNOME ao galego no 100%. Seguimos a cumprir cos últimos acordos de terminoloxía publicados pola Asociación Proxecto Trasno.
  • Tradución da documentación base: Fran Diéguez segue a traduciu a documentación base formadas por máis de 65000 palabras para traducir e mellorando a anterior. Acadamos nesta publicación 3.8 un 48% da tradución, porén agardamos que na versión de revisión, que se publicará nun mes, academos o 50%.
Darlle especial mención a tódolos contribuidores puntuais e principantes que seguen a mostrar que a tradución de GNOME foi e seguirá sendo traballo de moitos.
Podes ver o traballo levado a cabo nas traducións día por día na seguinte ligazón, aínda que esta ligazón non inclúe todas as traducións na documentación.

Galician translations for GNOME 3.8

Como obter o último GNOME

O código fonte de GNOME 3.8 está dispoñíbel gratuitamente para descargar e redistribuír, aínda que para a maioría de usuarios é aconsellábel agardar ata que GNOME 3.8 estea dispoñíbel a través da súa distribución GNU/Linux ou dos seus fornecedores. Con todo, na web do proxecto é posible consultar a información sobre como obter GNOME para probalo.