Hoxe saíu a última versión de GNOME 3. A versión 3.34 contén seis meses de traballo pola comunidade GNOME e inclúe moitas melloras, melloras de rendemento e novas funcións, e como ven sendo costume completamente traducido ao galego polo noso Grupo de traducion de GNOME ao galego. Esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que mantemos o nivel de tradución da interface no 100%.
Consulte o noso vídeo de lanzamento
Que hai de novo en GNOME 3.34?
GNOME 3.34 continúa o traballo das publicacións anteriores, coa mellora dos aplicativos e importantes melloras de rendemento no escritorio, que conforman un ambiente de escritorio integrado e coherente no seu conxunto, facendo o seu uso máis doado e intuitivo.
Previsualización de fondos
Destacamos nesta versión un gran conxunto de actualizacións visuais para varias aplicacións, incluído o propio escritorio. A configuración de selección de fondo tamén recibiu un rediseño, o que facilitou a selección de fondos personalizados.
Disposición personalizada de iconas
GNOME 3.34 tamén introduce cartafoles personalizados na visión xeral da aplicación. Basta con arrastrar unha icona de aplicación enriba doutra para crear un cartafol. As carpetas elimínanse automáticamente ao arrastrar todas as iconas.
Escalado fraccional
Para desenvolvedores, GNOME 3.34 inclúe máis fontes de datos en Sysprof, facilitando o rendemento dunha aplicación aínda máis fácil. Melloras melloradas en Builder inclúen un inspector D-Bus integrado.
Novidades na tradución ao Galego
Este ciclo supuxo unha continuación do traballo iniciado na anterior publicación.
- Tradución dos aplicativos de GNOME: Como sempre mantemos o nivel de tradución da interface de GNOME ao galego no 100%, incluíndo os novos aplicativos presentados nesta publicación, todos cumprindo cos últimos acordos de terminoloxía publicados pola Asociación Proxecto Trasno.
- Tradución da documentación base: Nesta publicación de novo baixamos outro 1%, ate o 38% da documentación de usuario. Cos recursos que temos actualimente é imposíbel manter o a tradución da documentación.
Como obter o último GNOME
O código fonte de GNOME 3.34 está dispoñíbel gratuitamente para descargar e redistribuír, aínda que para a maioría de usuarios é aconsellábel agardar ata que GNOME 3.34 estea dispoñíbel a través da súa distribución GNU/Linux ou dos seus fornecedores. Con todo, na web do proxecto é posible consultar a información sobre como obter GNOME para probalo.
Colabora connosco
Alén do traballo realizado, reiteramos que precisamos axuda no grupo para poder completar máis aplicativos e documentación dos mesmos. Máis agora que a famosa distribución Ubuntu emprega o escritorio GNOME. O cal signifca que agora GNOME conta con unha visibilidade máis importante e precisamos que este escritorio brille como se merece en Galego: traducido ao 100%, sen grallas e con unha tradución consistente.
Se está interesado en axudarnos en calquera das tarefas do grupo a facer GNOME mellor, calquera pode involucrarse en GNOME para axudarnos a mellorar o noso software.
O Proxecto GNOME comprácese en presentar a nova versión de GNOME, a 3.32, completamente traducido ao galego polo noso Grupo de traducion de GNOME ao galego. Esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que mantemos o nivel de tradución da interface no 100%.
GNOME 3.32 é a última versión de GNOME 3, resultado de 6 meses de duro traballo da comunidade de GNOME. Contén importantes características novas, así como de pequenas melloras e arranxos de erros.En total, esta publicación incorpora 26438 cambios realizados por 798 contribuidores aproximadamente.
Que hai de novo en GNOME 3.32?
GNOME 3.32 continúa o traballo das publicacións anteriores, coa mellora dos aplicativos e importantes melloras de rendemento no escritorio, que conforman un ambiente de escritorio integrado e coherente no seu conxunto, facendo o seu uso máis doado e intuitivo.
Entre as melloras poderíamos destacar:
Nova aparencia das xanelas e novas iconas
GNOME 3.32 conta con un estilo visual actualizado, incluíndo a interface de usuario, as icnoas e o escritorio en si mesmo. A interface de usuario é xeramente máis vibrante, usando unha paleta de cores máis rica que a anterior. Os botóns e interruptores tamén se melloraron, gandolles unha apariencia máis moderna.
Os aplicativos de GNOME en 3.32 tamén contan co iconas modernizadas! Usando a mesma paleta de cores que a interface de usuario as iconas de aplicativo foron redeseñadas por completo.
Escalado fraccional
O escalado fraccionado, unha mellora solicitada frecuentemente, está dispoñíbel como opción experimental. Inclúe varios valores fraccionados con unha boa calidade de visión en calquera pantalla. Esta característica representa unha gran mellora para o escritorio GNOME. Considérase experimental, polo que é preciso engadir manualmente scale-monitor-framebuffer á chave de gsettigns org.gnome.mutter.experimental-features. Unha vez activado, os valores de escalado fraccionados estarán dispoñíbeis no panel Pantalla de Configuración.”
Preferencias
Configuración inclúe un panel novo chamado «Permisos de aplicativos». Este panel mostra recursos e permisos para varios aplicativos. Ofréceselle aos usuarios a posibilidade de conceder certos recursos cando o aplicativo o solicita.
As Preferencias de son foron redeseñadas para admitir a disposición vertical e unha localización máis intuitiva das opcións.
A temperatura da cor da luz nocturna pódese axustar para que sexa máis cálida ou máis fría.
Novidades na tradución ao Galego
Este ciclo supuxo unha continuación do traballo iniciado na anterior publicación.
- Tradución dos aplicativos de GNOME: Como sempre mantemos o nivel de tradución da interface de GNOME ao galego no 100%, incluíndo os novos aplicativos presentados nesta publicación, todos cumprindo cos últimos acordos de terminoloxía publicados pola Asociación Proxecto Trasno.
- Tradución da documentación base: Nesta publicación baixamos un 1%, ate o 39% da documentación de usuario.
Como obter o último GNOME
O código fonte de GNOME 3.32 está dispoñíbel gratuitamente para descargar e redistribuír, aínda que para a maioría de usuarios é aconsellábel agardar ata que GNOME 3.32 estea dispoñíbel a través da súa distribución GNU/Linux ou dos seus fornecedores. Con todo, na web do proxecto é posible consultar a información sobre como obter GNOME para probalo.
Colabora connosco
Alén do traballo realizado, reiteramos que precisamos axuda no grupo para poder completar máis aplicativos e documentación dos mesmos. Máis agora que a famosa distribución Ubuntu emprega o escritorio GNOME. O cal signifca que agora GNOME conta con unha visibilidade máis importante e precisamos que este escritorio brille como se merece en Galego: traducido ao 100%, sen grallas e con unha tradución consistente.
Se está interesado en axudarnos en calquera das tarefas do grupo a facer GNOME mellor, calquera pode involucrarse en GNOME para axudarnos a mellorar o noso software.
O Proxecto GNOME comprácese en presentar a nova versión de GNOME, a 3.20, completamente traducido ao galego. Esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que mantemos o nivel de tradución da interface no 100%.
GNOME 3.20 é a última versión de GNOME 3, resultado de 6 meses de duro traballo da comunidade de GNOME. Contén importantes características novas, así como de pequenas melloras e arranxos de erros. En total, esta publicación incorpora 28933 cambios realizados por 837 contribuidores aproximadamente.
Que hai de novo en GNOME 3.20
GNOME 20 continúa o traballo das publicacións anteriores, coa mellora e inclusión de novos aplicativos, que conforman un ambiente de escritorio integrado e coherente no seu conxunto, facendo o seu uso máis doado e intuitivo.
Entre as melloras poderíamos destacar:
- Anotación do seu sistema operativo sen esforzo: Xa era posíbel instalar actualizacións de software mediante o aplicativo Software. Porén, desde 3.20 tamén é posíbel anovar a versións maiores do seu sistema operativo. Esta é a primeira vez que GNOME ten esta habilidade o que significa que non precisará realizar unha nova instalación ou usar unha ferramenta de liña de ordes para obter a seguinte versión da súa distribución. Isto é un fito moi importante en aras de facer os sistemas baseados en GNOME máis amigábeis e accesíbeis para todos os usuarios.
- Edición de fotos simple e doada: Con 3.20 chegou a edición a Fotos. Os novos controles de edición son máis simples e doados de usar, ademais a edición non é destrutiva, deste xeito gardarase a súa foto orixinal e poderá desfacer os cambios. Entre as funcións de edición están o recorte, rotación, axuste de cor e mellorado de fotografías. Tamén conta con unha selección de filtros artísticos.
- Coñeza todo os atallos: As xanelas de atallos son unha nova forma de obter información sobre os atallos nos aplicativos GNOME. Cada xanela de atallos mostra os atallos de teclado e xestos multitáctiles (como nas áreas táctiles) para un aplicativo, así como as súas funcións correspondentes. Os grupos e páxinas axudan coa navegación e a busca permítelle atopar os atallos específicos que podería estar buscando.
- Aplicativo «Ficheiros» máis pulido: O aplicativo Ficheiros obtivo un gran pulido en 3.20. A busca mellorouse especialmente: os filtros de busca foron mellorados e son moito máis simples e doados de usar que a versión anterior. Tamén se fixo a busca máis robusta: solucionáronse os problemas de rendemento, e a interface é máis rápida e máis adaptábel.
- Ademáis da inclusión de opinións de aplicativos en Software e da incríbel tecnoloxía xdg-app, melloras en rendemento e seguranza de WebKitGTK+, engadidos de interface de Polari, mellor control da privacidade no uso dos servizos de localización e o pulido da integración coa tecnoloxía de seguinte xeración Wayland, que xa pode ser usada no día a día sen maiores problemas.
Novidades na tradución ao Galego
Este ciclo supuxo unha continuación do traballo iniciado na anterior publicación.
- Tradución dos aplicativos de GNOME: Como sempre mantemos o nivel de tradución da interface de GNOME ao galego no 100%, incluíndo os novos aplicativos presentados nesta publicación, todos cumprindo cos últimos acordos de terminoloxía publicados pola Asociación Proxecto Trasno.
- Tradución da documentación base: Dado os escasos recursos dos que dispomos no grupo, non puidemos revisar nin actualizar a documentación base dos aplicativos. Neste senso, se queres axudarnos revisa a seguinte sección «Axuda» para poñerte en contacto connosco
Como obter o último GNOME
O código fonte de GNOME 3.20 está dispoñíbel gratuitamente para descargar e redistribuír, aínda que para a maioría de usuarios é aconsellábel agardar ata que GNOME 3.20 estea dispoñíbel a través da súa distribución GNU/Linux ou dos seus fornecedores. Con todo, na web do proxecto é posible consultar a información sobre como obter GNOME para probalo.
Axuda
Se está interesado en axudarnos a facer GNOME mellor, calquera pode involucrarse en GNOME para axudarnos a mellorar o noso software.
O Proxecto GNOME comprácese en presentar a nova versión de GNOME, a 3.14, completamente traducido ao galego. Esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que mantemos o nivel de tradución da interface no 100%.
3.14 é a última publicación de GNOME, resultado de seis meses de traballo do proxecto GNOME. Esta publicación inclúe novas características e unha gran cantidade de melloras pequenas. Esta publicación contén 28859 cambios feitos por cando menos 871 persoas. Entre as novas características e melloras introducidos en GNOME 3.14 están:
Que hai de novo en GNOME 3.14
GNOME 3.14 continúa o traballo das publicacións anteriores na busca da homoxeneización da interface de usuario de tódolos seus aplicativos. Estes cambios fan de GNOME un escritorio máis integrado e coherente no seu conxunto, facendo o seu uso máis doado e intuitivo. Os detalles visuais e tema foron revisados, engadíronse novas animacións no escritorio para mellorar a experiencia de usuario. En conxunto, todos estes cambios fan de GNOME 3 un escritorio aínda mellor.
Entre as melloras poderíamos destacar:
- Xestos multitáctiles: Agora pode usar xestos multitáctiles en pantallas táctiles para a navegación no sistema así como en aplicativos. Pode usar un xesto para abrir a Vista de actividades, a vista de aplicativos e a bandexa de mensaxes. E tamén pode usar un para cambiar de aplicativo ou de espazo de traballo. Vexa a páxina de xestos para obter unha lista destes xestos do sistema.
- Xestión de portais cautivos: GNOME 3.14 conta cunha xestión de puntos de acceso Wifi mellorada. Ao conectarse a un portal Wifi que require autenticación, GNOME amosaralle automaticamente a páxina de inicio como parte do proceso de conexión. Isto asegúralle que sempre saberá cando está conectado e axúdalle a configuralos da forma máis rápida posíbel.
- Contas en liña para «Fotos»: Agora «Fotos» en 3.14 pode acceder a novas orixes de fotos en liña, ao engadir a compatibilidade con Google e servidores multimedia. Isto significa que pode ver de forma doada fotos de Google que foron subidas mediante Picasa, Google+ ou mediante dispositivos Android. As contas de servidores multimeda fornecen acceso a servidores multimedia domésticos, mediante DLNA.
- «Software» continúa mellorando: A nova habilidade de GNOME para explorar e instalar aplicativos estivo facendo grandes progresos nas publicacións recentes, e 3.14 non é unha excepción. A páxina principal, que mostra aplicativos destacados e recomendados, foi mellorado con unha distribución mellorada, máis contido e valoracións. Ademáis, os engadidos de aplicativos poden instalarse e quitarse directamente desde Software, e moitos máis aplicativos contan con capturas de pantalla e descricións, facendo máis doado escoller o aplicativo axeitado para vostede.
- E moitas outra cousas
Novidades na tradución ao Galego
Este ciclo supuxo unha continuación do traballo iniciado na anterior publicación.
- Tradución dos aplicativos de GNOME: Como sempre mantemos o nivel de tradución da interface de GNOME ao galego no 100%, incluíndo os novos aplicativos presentados nesta publicación, todos cumprindo cos últimos acordos de terminoloxía publicados pola Asociación Proxecto Trasno.
- Tradución da documentación base: Fran Diéguez segue a traduciu a documentación base formadas por máis de 65000 palabras para traducir e mellorando a anterior. Os escasos recursos humanos que dispomos lamentabelmente nesta publicación 3.14 só puidemos manter o 43% da tradución na documentación.
Como obter o último GNOME
O código fonte de GNOME 3.14 está dispoñíbel gratuitamente para descargar e redistribuír, aínda que para a maioría de usuarios é aconsellábel agardar ata que GNOME 3.14 estea dispoñíbel a través da súa distribución GNU/Linux ou dos seus fornecedores. Con todo, na web do proxecto é posible consultar a información sobre como obter GNOME para probalo.
Axuda
Se está interesado en axudarnos a facer GNOME mellor, calquera pode involucrarse en GNOME para axudarnos a mellorar o noso software.