Logo da publicación de GNOME 3.20 desde o Grupo de tradución de GNOME ao Galego estamos moi orgullosos de publicar os produtos finais en forma de recursos lingüísticos derivados das traducións de GNOME 3.20 de tal forma que todos os tradutores poidan reaproveitar o noso traballo.
Estes recursos contan cos compendios de tradución Inglés-Galego da interface de usuario e documentación para os aplicativos que forman parte de GNOME 3.20 en formato TMX.
De seguido podes ollar as estatísticas destacadas:
Estatísticas para GNOME 3.20
Cadeas traducidas | Palabras traducidas | |
Interface de usuario | 38417 | 176322 |
Descarga
Como comentamos antes publicamos as memorias de tradución para a versión 3.20 de GNOME (formatos TMX):
Compendio TMX da interface de usuario de GNOME 3.20
Licenza
Todos os ficheiros están publicados baixo a licenza Creative Commons BY-SA 3.0 co que podes empregalos de forma libre namentres cumpras cos termos da licenza.