13 de Setembro de 2017

Publicamos o novo GNOME 3.26 en galego

O Proxecto GNOME comprácese en presentar a nova versión de GNOME, a 3.26, completamente traducido ao galego polo noso Grupo de traducion de GNOME ao galego. Esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que mantemos o nivel de tradución da interface no 100%.

GNOME 3.26 é a última versión de GNOME 3, resultado de 6 meses de duro traballo da comunidade de GNOME. Contén importantes características novas, así como de pequenas melloras e arranxos de erros. En total, esta publicación incorpora 28459 cambios realizados por 753 contribuidores aproximadamente.

Que hai de novo en GNOME 3.26

GNOME 3.26 continúa o traballo das publicacións anteriores, coa mellora e inclusión de novos aplicativos, que conforman un ambiente de escritorio integrado e coherente no seu conxunto, facendo o seu uso máis doado e intuitivo.

Entre as melloras poderíamos destacar:

  • «Busca mellorada»:  Os resultados teñen unha disposición nova que fai máis doado ler e mostra máis elementos dun vistazo. Ademáis, agora é posíbel buscar accións do sistema, incluíndo apagarsuspenderbloquear pantallapechar a sesióncambiar de usuario e bloquear a orientación.  
  • Nova visualización para as Preferencias: GNOME 3.26 introduce unha nova disposición para o aplicativo Preferencias. A anterior grella de iconas foise e, no seu lugar, unha nova barra lateral permite cambiar entre as distintas áreas. A nova barra lateral fai máis doao e simple navegar entres o aplicativo de preferencias e dispón as preferncias máis usadas á man.
  • Emoticonas con cor: As emoticonas con cor chegaron a GNOME! Agora mostraranse na súa gloriedade coloreada cando aparezan. Tamén se engadiron varias formas de inserir emoticonas en GNOME 3.26. Isto inclúe o aplicativo Caracteres, que agora permítelle navegar e buscar emoticonas e copialas en mensaxes e documentos. Polari, o cliente de IRC de GNOME ten un selector de emoticonas adicado e está dispoñíbel unha ferramenta similar para usala noutros aplicativos.
  • Sincronizar o seu navegador: A compatibilidade de GNOME coas tabletas gráficas Wacom obtivo importantes melloras para 3.26. Para realzar, a xestión das preferencias de Wacom agora é compatíbel con Wayland, o que significa que os usuarios de Wacom xa non terán escusa para non cambiar de X11.
Se quere ver unha lista máis detallada das novidades de GNOME olle as notas de publicación (tamén en galego).

Novidades na tradución ao Galego

Este ciclo supuxo unha continuación do traballo iniciado na anterior publicación.

  • Tradución dos aplicativos de GNOME:  Como sempre mantemos o nivel de tradución da interface de GNOME ao galego no 100%, incluíndo os novos aplicativos presentados nesta publicación, todos cumprindo cos últimos acordos de terminoloxía publicados pola Asociación Proxecto Trasno.
  • Tradución da documentación base: Dado os escasos recursos dos que dispomos no grupo, non puidemos revisar nin actualizar a documentación base dos aplicativos. Se estades interesados, estades convidados a axudar para traducir, revisar e completar modulos da documentación que máis útil lle resulte ao usuario.

Como obter o último GNOME

O código fonte de GNOME 3.26 está dispoñíbel gratuitamente para descargar e redistribuír, aínda que para a maioría de usuarios é aconsellábel agardar ata que GNOME 3.26 estea dispoñíbel a través da súa distribución GNU/Linux ou dos seus fornecedores. Con todo, na web do proxecto é posible consultar a información sobre como obter GNOME para probalo.

Colabora connosco

Se está interesado en axudarnos a facer GNOME mellor, calquera pode involucrarse en GNOME para axudarnos a mellorar o noso software.


Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: